Pokémon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
{{Nihongo|'''Pokémon'''|ポケットモンスター|'''Poke'''tto '''Mon'''sutā|Pocket Monsters}} é unha [[Franquía (medios de comunicación)|franquía]] multimillonaria, que orixinalmente comezou coma un [[videoxogo]], mais debido á súa popularidade logrou expandirse a outros medios de entretemento coma series de [[televisión]], [[xogos de cartas]], [[roupa]], entre outros, converténdose nunha marca que é recoñecida no mercado mundial. As vendas de videoxogos até o [[1 de decembro]] de [[2006]], acadaran unha cantidade de 175 millóns de exemplares (incluíndo a venda da versión ''[[Pikachu]]'' da consola [[Nintendo 64]]), atinxindo ocupar o segundo lugar das sagas de videoxogos máis vendidos de [[Nintendo]]. A franquía celebrou o seu décimo aniversario o [[27 de febreiro]] de [[2006]].
 
A [[saga]]serie de [[videoxogo]]s foi desenvolvida pola compañía programadora de software xaponesa [[Game Freak]], con personaxes creados por [[Satoshi Tajiri]] para a empresa de xoguetes [[Creatures Inc.]], e á súa vez para [[Nintendo]]. A misión nestes xogos é aprehender e adestrar aos pokémon (personaxes cuxa denominación da nome ao xogo), que até a data acadan o número de 649. A posibilidade de os intercambiar fíxolle conseguir unha popularidade que se reflectiu nun éxito de vendas e a conseguinte aparición dunha serie animada, filmes e diverso ''[[merchandising]]'' coma peluches, xoguetes e cartas.
 
A produción dos videoxogos, serie de anime e demais material para a súa distribución en occidente foi realizada en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] por [[4Kids Entertainment]] até novembro de 2005, momento no que decidiu non renovar o seu contrato con [[The Pokémon Company (Estados Unidos)|Pokémon USA]], (unha subsidiaria de Pokémon Company). Actualmente esta supervisa todo o referente ao material de Pokémon na súa distribución en occidente.