Diferenzas entre revisións de «Werner Heisenberg»

m
Desfíxose a edición 3101708 de GFHund (conversa); imaxe innecesaria.
(photo 1926)
m (Desfíxose a edición 3101708 de GFHund (conversa); imaxe innecesaria.)
Durante o seu primeiro ano toma esencialmente cursos de matemática coa idea de pasarse a traballar en teoría de números apenas teña a oportunidade, pero da pouco empeza a interesarse pola física teórica. Comeza a traballar na [[Teoría da Relatividade]] de [[Einstein]] pero Pauli aconséllalle que se dedique á Teoría Atómica na que aínda había gran discrepancia entre teoría e experimento.
 
[[File:Heisenberg,Werner 1926.jpeg|thumb|upright|left|Heisenberg (1926)]]
Obtén o seu doutorado no [[1923]] e deseguido viaxa a [[Gotinga]], onde traballa como asistente de [[Max Born]]. En [[1924]] viaxa a [[Copenhaguen]] e coñece a [[Niels Bohr]]. En [[1925]], Heisenberg discorre a formulación matricial da mecánica cuántica. O que subxace na súa aproximación ó tema é un grande pragmatismo. No canto de concentrarse na evolución dos sistemas físicos de principio a fin, concentra os seus esforzos en obter información sabendo o estado inicial e final do sistema, sen preocuparse demasiado por coñecer de xeito preciso o ocorrido no medio. Concibe a idea de agrupar a información en forma de cadros de dobre entrada. Foi Max Born quen se deu conta de que esa forma de traballar xa fora estudada polos matemáticos e non era outra cousa que a [[teoría de matrices]]. Un dos resultados máis rechamantes é que a multiplicación de matrices non é conmutativa, polo que toda asociación de cantidades físicas con matrices terá que reflectir este feito matemático. Isto leva a Heisenberg a enunciar o [[Principio de indeterminación de Heisenberg|Principio de indeterminación]]. A teoría cuántica ten un éxito enorme e logra explicar practicamente todo o mundo microscópico. En [[1932]], pouco antes de cumprir os 31 anos, recibe o [[premio Nobel de Física]] por «''A creación da mecánica cuántica, cuxo uso conduciu, entre outras cousas, ó descubrimento das formas [[Alotropía|alotrópicas]] do [[hidróxeno]]''».
 
13.744

edicións