Traxano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
De familia senatorial, o seu pai xa fora [[Senado romano|senador]] en Roma. Foi o militar máis excelso da época do [[Imperio Romano|Imperio]]. Escomenzou a súa carreira militar en Hispania e [[Siria]] durante os reinados dos emperadores [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]] e [[Domiciano]]. Investido pola ''tribunicia potestas'' e polo ''imperium proconsular'', Traxano foi cónsul con [[Nerva]] no ano [[98]], e de feito o seu correxente. Á morte de Nerva, o [[28 de xaneiro]]<ref>Julian Bennett ''Trajan: optimus princeps : a life and times''. Routledge, 2ªed, 1997, páxina 322</ref> dese ano foi nomeado emperador cando estaba de campaña na [[Xermania Magna|Xermania]] e tardou aindaaínda ano e medio en ir a Roma, asegurando a raia, fixando o ''limes'' ou cadea de fortalezas defensivas na actual rexión de [[Franconia]].
 
Home cordial e aberto, pero moi decidido na loita, a súa política foi moi diferente da dos seus predecesores. A súa permanencia en Roma foi máis ben curta e en estadías separadas ([[99]]-[[101]], [[102]]-[[105]], [[107]]-[[113]]). Inspirou os seus actos de goberno na ética [[estoicismo|estoica]] do ben común e da filantropía, como amosan as súas grandes obras públicas en Roma e Italia, a organización da ''[[anona]]'', as axudas aos máis desfavorecidos, a obrigatoridadeobrigatoriedade dos senadores de mercar terras en Italia e explotalas, o que levou a un gran pulo no comercio e na agricultura, facendo obras no porto de [[Ostia]], que se converteu no principal porto de exportacións do Imperio. Fomentou o desenvolvemento das institucións alimentarias e concedeu empréstimospréstamos aos propietarios das terras para medrar as producións. No ano [[114]], o Senado concedeulle o título de ''optimus''.
 
[[Ficheiro:SPQR COIN Roman.jpg|miniatura|esquerda|Moeda de un [[as (moeda)|as]] co "Optimus Princeps" Traxano.]]
Liña 13:
[[Ficheiro:Roman_empire.png|miniatura|250px|esquerda|O [[Imperio Romano]] no momento da súa máxima expansión ([[117]], ao final do reinado de '''Traxano''')]]
 
No que se refire á politicapolítica interior, aindaaínda que os emperadores trataron de manter a importancia do [[Senado romano|Senado]], a acumulación dos poderes en mans imperiais e o funcionamento lexislativo foron configurando un réxime monárquico de [[despotismo ilustrado]], asistido por un órgano que recibía todas as honras, pero que ía acentuando o seu carácter meramente consultivo. O Emperador atribuíuse o título de Procónsul de todas as provincias, incluídas as senatoriais, co que a súa autoridade sobre todos os territorios era plena. As leis deixaron de se aprobar co respaldo popular e promulgábanse por ''senatus consultum'', ou como decretos do Emperador.
 
Traxano logrou un aceptable benestar xeral dos romanos, e instituíronse os ''alimenta''. Os propietarios de bens inmóbeis, que eran moitos incluíndo as clases modestas, recibían empréstimospréstamos a baixo xuro. Este acumulábase nun fondo para socorrer os nenos pobres. Esta iniciativa imperial foi imitada por moitas entidades privadas e a beneficencia nas súas diversas vertentes fixo paliar en grande medida os casos de máis extrema necesidade.
 
Traxano perseguiu os [[cristián]]s, non tanto polas súas crenzas, o que sería absurdo nun Imperio onde se practicaban as máis diversas relixións, senón por negárense a seguir os preceptos da relixión oficial, sequera exteriormente, toda vez que o cumprimento de certas formalidades eran un signo de cohesión social e aceptación da orde vixente.