San Francisco de Campeche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3100895 de 83.165.33.22 (conversa)
Liña 63:
O fillo de Montejo, coñecido como Montejo "o Mozo" é vencido na cidade real de [[Chichén Itzá]] cara a finais de [[1534]], polo que en [[1535]] os españois abandonan a península durante cinco anos.
 
Cara a [[1540]], “o Adiantado” ordenoulle a Lorenzo de Godoy instalar a primeira gorniciónguarnición en San Pedro de [[Champotón]], que lograron manter con moitas dificultades, pois non contaban nin con xente nin con soldados. Montejo "o Sobriño" axudou a manter a gorniciónguarnición e cambioulle o nome polo de “Salamanca de Champotón”. “O Adiantado” chegou á Cidade Real de Chiapa ([[San Cristóbal de las Casas]]) en 1540, e desde alí xirou instrucións a Francisco Gil para que quedase a cargo da posición de Champotón e deste xeito “o Mozo” e “o Sobriño” comenzarían a avanzada cara ao norte.
 
Francisco de Montejo y León "o Mozo" estableceu unha nova gorniciónguarnición, como o fixera dez anos antes seu pai, o [[4 de outubro]] de [[1540]]; chamouna “San Francisco de Campeche” en honra ao seu pai. Esta incluía [[Chakán Putum]], [[Can Pech]] e [[Ah Canul]]. O porto sería unha posición de grande importancia loxística para continuar a conquista da península.
 
O [[batab]] da cidade de [[Calkiní]] na xurisdición de [[Ah Canul]] de nome Nachan Chan, detivo brevemente o avance. Pero finalmente Montejo “o Sobriño”, puido sometelo e avanzar a [[Tenabo]], [[Hecelchakán]], [[Calkiní]], Pocboc até chegar a [[Maxcanú]], na fronteira da xurisdición de Chakán. Os aguerridos maias rebelaríanse o [[11 de xuño]] de [[1541]], día
Liña 98:
A posición de Campeche no [[golfo de México]] converteuna no principal porto da [[península de Iucatán]], destacando como punto de enlace co estranxeiro, o que permitiu o auxe económico e o crecemento da poboación. De aí saíron cargamentos do chamado [[Haematoxylum campechianum|pau de Campeche]], tamén coñecido como "pau de tinxir", produto autóctono da rexión que daría lugar a grandes facendas, entre as que se contan Uayamón, Xanabchakán e Mucuychacán, por mencionar tres delas, e tamén de [[Cloruro de sodio|sal]]. O porto de Campeche adquiriu fama tamén pola súa industria de [[estaleiro]]s.
 
O monopolio comercial de [[España]], implantado pola [[Casa de Contratación de Indias]] ás súas colonias, que lles prohibía comerciar incluso entre elas e con outras partes do mundo, propiciou prácticas ilegais como a [[piratería]]. Unha das medidas para frealas foi a promulgada en [[1616]] polo Alcalde Maior de Iucatán Luis de Céspedes y Oviedo, que implicou a creación dunha [[licenza]] sobre o corte e o comercio do pau de Campeche, así como novos impostos. Esta primeira medida foi insuficiente e contraproducente, pois lonxe de abater a piratería, fomentouna. En [[1629]], o [[Rei de España]] [[Filipe IV de España|Filipe IV]] creou unha [[armada (mariña)|armada gardacostas]] para protexer o comercio, mais esta medida tampouco deu os resultados esperados, como tampouco os deu a [[gorniciónguarnición|gorniciónguarnición militar]] para protexer a cidade que implantara o Alcalde Centeno Maldonado. As constantes presións por parte dos outros estados europeos e as continuas revoltas nas súas [[Provincias Unidas|posicións neerlandesas]] imposibilitaron a adopción de novas medidas en contra da [[piratería]], que continuaba en apoxeo.
 
Entre os piratas máis célebres que atracaron en Campeche están [[Francis Drake]], [[John Hawkins]], [[Laurens de Graaf]], [[Cornelius Jol]], Jacobo Jackson, [[Jean Lafitte]], [[Michel de Grandmont]], Bartolomeu Portugués, William Parker, [[Jean David Nau]], Edward Mansvelt, [[Henry Morgan]], Lewis Scott e [[Roche Brasiliano]].