Lingua irlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 19:
| mapa = [[Ficheiro:Cainteoirí Gaeilge - Irish Speakers.svg|250px]]
}}
[[Ficheiro:025521 claddagh ring.jpg|miniatura|290px|dereita|Letreiro dunha rúa en Irlandés.]]
 
O '''irlandés''' ou '''gaélico irlandés''' (''Gaeilge'') é unha [[lingua céltica]] da rama [[linguas goidélicas|goidélica]] falada na illa de [[Irlanda]]. Conta, segundo o Goberno de Irlanda, cuns 1,6 millóns de falantes na [[República de Irlanda]], dos que 350.000 son falantes habituais, aínda que estas cifras son controvertidas. Tamén a fala un número indeterminado de inmigrantes noutros países ([[Reino Unido]], [[Canadá]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Australia]]). É [[lingua oficial]] da [[Unión Europea]] por selo da República de Irlanda.
:''Para a variante do [[lingua inglesa|inglés]] falada en Irlanda, vexa [[hiberno-inglés]].''
 
== Denominación da lingua ==
As denominacións máis habituais son '''gaélico irlandés''' ou, simplemente, '''irlandés'''. A primeira permite distinguila das variantes faladas en [[gaélico escocés|Escocia]] e [[gaélico de Manx|Manx]], mais a segunda é a preferida polos irlandeses e é a que figura na Constitución da República de Irlanda. Para algúns, incluír "gaélico" no nome fai referencia a un pasado demasiado remoto e non actual, mentres que para outros utilizar só "irlandés" é como identificar ser irlandés con ser gaélico. Na Irlanda actual o termo '''gaélico''' fai referencia aos deportes irlandeses ([[hurling]], fútbol gaélico) e non á lingua.
 
No padrón oficial da lingua, ''Caighdeán Oifigiúil'', o nome é '''Gaeilge''', que reflicte a pronuncia {{IPA|/ˈgeːlʲgʲə/}} do dialecto do sul ([[Connacht]]). Con anterioridade á reforma ortográfica de [[1948]], esta forma escribíase '''Gaedhilge''', orixinariamente o [[xenitivo]] de '''Gaedhealg''', que é a forma utilizada en irlandés moderno clásico. Tamén se escribiu '''Gaoidhealg''' en irlandés medio e '''Goídelc''' en irlandés antigo.
{{Modelo Linguas celtas}}
 
== Estatuto oficial ==
[[Ficheiro:Geill sli.jpg|miniatura|300px|Sinal de tráfico en irlandés.]]
 
O irlandés recoñécese na Constitución de Irlanda como primeira lingua oficial da República, co [[lingua inglesa|inglés]] como segunda lingua oficial, a pesar do seu reducido número de falantes na actualidade. Desde a fundación do Estado na década de [[1920]] ([[Estado Libre Irlandés]]), o Goberno de Irlanda requiría o coñecemento do irlandés para calquera posto como [[funcionario]] ou empregado de compañías estatais, mais este requisito eliminouse en [[1974]], debido en parte á actividade de organizacións como o Movemento pola Liberdade de Lingua. A pesar de que xa non se esixe para traballar na administración, o irlandés continúa a ser materia de ensino obrigado en todos os centros educativos sostidos con fondos públicos. En [[2005]] eliminouse o requisito de ter un certificado para entrar na [[Gardaí]] (policía), aínda que os que entran deben cursar dous anos. A maioría dos documentos oficiais do Goberno de Irlanda publícanse tanto en irlandés como en inglés. Na Universidade de [[Galway]] é obrigatorio coñecer irlandés para impartir docencia.
 
Liña 200 ⟶ 198:
 
=== A Irlanda independente ===
 
Co establecemento do Estado Irlandés en [[1922]] ([[Estado Libre da Irlanda]] 1922-37; [[Éire]] desde [[1937]], ou [[República de Irlanda]] desde [[1949]]), o inglés continuou a ser utilizado como lingua da administración, mesmo en áreas nas que o 80% da poboación falaba irlandés. Ainda que se requiría o coñecemento da lingua para ser funcionario, o seu nivel era tan baixo que non a utilizaban. Apesar da tentativa de promover o irlandés no sistema educativo, o proceso de normalización resultou un fracaso e boa parte abandonouse a partir dos 1940.
 
Liña 229 ⟶ 226:
* [http://www.gaelscoileanna.ie Gaelscoileanna]
* [http://www.uni-due.de/DI/ Discover Irish]
 
=== Irlanda do Norte ===
* [http://www.cinni.org/ultach/ Ultach Trust]
Liña 235 ⟶ 233:
 
{{Linguas célticas}}
{{Modelo Linguas celtas}}
{{LinguasUE}}