Batalla de Iwo Jima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3100909 de 83.165.33.22 (conversa)
Liña 30:
Non obstante, as operacións cos B-29 seguían planteando dous problemas maiores. Por unha parte, os [[P-51 Mustang]], que eran os máis modernos e mellores [[caza (avión)|cazas]] norteamericanos, non tiñan máis de 3.000 quilómetros de autonomía, é dicir, uns 1.500 quilómetros de radio de acción, polo que non podían escoltar ás ''fortalezas voantes'' até Xapón. Por outra parte, na illa xaponesa [[Iwo Jima]], situada a metade do traxecto das misións de bombardeo, os xaponeses construíran dous aeródromos e traballaban na construción dun terceiro, e dispoñían ademais dunha instalación de [[radar]]. Grazas a este radar, cando os B-29 pasaban por Iwo Jima, eran detectados con moita antelación e cando chegaban a Xapón, sen cazas que os puidesen defender, eran atacados tanto polas defensas antiaéreas como polos cazas, aínda que realmente as defensas xaponesas non resultaban moi efectivas, pero non deixaban de supor unha molestia.
 
A solución a estes problemas era conquistar Iwo Jima. Con isto conseguíase tanto a eliminación da gorniciónguarnición nipoa como os efectos do radar, mentres que se permitiría establecer na illa as escuadrillas de ''Mustang'' necesarias para escoltar ás de B-29 nos seus voos a Xapón.
Dispoñer da base de Iwo Jima tamén permitiría as escalas técnicas dos B-29 en caso de que volvesen avariados xa que aínda que estas aeronaves podían amerizar en caso de emerxencia, pois os norteamericanos desenvolveron un servizo de asistencia con [[hidroavión]]s, as aterraxes de emerxencia en pleno mar eran o terror das tripulacións das B-29 por medo aos ataques de [[tiburón]]s ou a ser capturados por pesqueiros xaponeses.
 
Liña 55:
O alto mando xaponés decide relevar ao comandante a cargo das defensas da illa e colocar a Tadamichi Kuribayashi para que verifique en terreo as defensas e que ademais planifique a forma de que esta illa teña un alto custe en vidas para o inimigo durante a súa conquista.
 
Baixo as ordes do xeneral [[Tadamichi Kuribayashi]], procedeuse á evacuación dos 1.000 civís que habitaban Iwo Jima dedicados ao refinado de [[xofre]] e reforzouse a gorniciónguarnición con 21.000 soldados equipados basicamente con [[fusil|fusís]], [[Granada de man|granadas de man]], [[metralladora]]s, artillería de medio e curto alcance, especialmente [[Morteiro (arma)|morteiros]] e ademais duns limitados tanques lixeiros. O subministro de municións, proxectís, víveres e auga foi moi insuficiente, sen contar con que a auga era de mala calidade nunha illa na que non se dispoñía de fontes de abastecemento, lagos ou ríos. Moito antes de que acabase a batalla, a auga xa se acabara, así como a munición de canón, de morteiro e de metralladora. Nesas circunstancias, os combatentes xaponeses resistiron os últimos días cos seus fusís, pistolas e, como moito, algunhas granadas de man.
 
Tadamichi Kuribayashi, fai un substancial cambio nos emprazamentos defensivos da illa, as trincheiras nas praias de Iwo Jima foron suprimidas e obrigou a crear unha densa rede de túneles no monte Surabachi, búnkeres enterrados, trampas e fortificacións no norte da illa. Ademais fai ver aos seus subordinados que ninguén dos que están na illa volverá con vida a territorio patrio.
Liña 101:
 
=== Avance cara ao Suribachi ===
Efectivos de marines conseguiron non obstante avanzar baixo o fogo dos defensores e percorrer en media hora os 900 metros de distancia entre a praia de desembarco e a meseta ao pé do Suribachi, alcanzando a costa oeste e completando a manobra de illamento por terra do monte que se encontraba protexido por unha gorniciónguarnición xaponesa de 2.000 homes. Mais os defensores encontrábanse comunicados por túneles subterráneos co resto das forzas da illa. Os primeiros tanques norteamericanos chegaron á costa oeste poucas horas despois. Outras tropas que tamén conseguiran saír do atoamento da praia, ao mediodía xa loitaban no aeródromo situado máis ao sur. Pero aínda había demasiados soldados e material en moi pouco espazo, de modo que se suspenderon novos desembarcos. A constante era que as tropas que lograban avanzar, crendo que tiñan despexado o terreo, vían saír unha e outra vez xaponeses desde os seus incontables agochos, para atacalos desde a retagarda. Ao caer a noite, os [[destrutor]]es iluminaron a illa coas súas bengalas para protexer aos marines das previsibles incursións nocturnas pero en lugar diso, os xaponeses optaron por empregar a súa artillería con moita discreción para non descubrir os seus emprazamentos.
 
Nas primeiras horas do día [[20 de febreiro]] de [[1945]], reiniciáronse os desembarcos de marines protexidos polo fogo de cobertura da escuadra que bombardeou o monte Suribachi, logrando consolidar as posicións na meseta, entre o aeródromo situado ao sur e o segundo, situado máis ao norte. A mediodía executouse unha nova vaga de desembarco mentres que durante a noite se reproduciu a situación da anterior.