Tinian: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Sen resumo de edición
Liña 44:
A illa, que sempre estivo moi pouco poboada, foi reclamada por [[España]] xunto co resto das [[Illas Marianas]] en [[1667]], chegando a partir de entón algúns [[misioneiro]]s. En [[1741]] o [[almirante]] [[Gran Bretaña|británico]] [[George Anson]] recalou en Tinian durante a [[Guerra da Orella de Jenkins]], pero se retirou pouco despois. O dominio español duraría ata [[1899]], ano en que España, incapaz de manter o control sobre as súas posesións en [[Oceanía]] tras a perda das [[Filipinas]] durante a [[Guerra Hispano-Estadounidense]] accedeu a venderllas ao [[Imperio Alemán]].
 
Durante o breve período que durou a administración alemá a illa permaneceu practicamente baleira, sendo ocupada polos [[Xapón|xaponeses]] tras a [[Primeira Guerra Mundial]]. Estes construíron plantacións de [[cana de azucre]] e 3 pequenas pistas para [[avión|avións]], ademais de despregar unha gran guarnicióngornición defensiva que perduraría ata a [[Batalla de Tinian|conquista da illa]] por Estados Unidos en [[xullo]] de [[1944]]. Tras a vitoria os norteamericanos converteron Tinian nunha gran base aérea capaz de acoller [[bombardeiro]]s, dispoñendo as pistas e instalacións de forma que recordaban o plano urbano da illa de [[Manhattan]] e bautizáronas en consecuencia: o hospital militar, por exemplo, foi chamado "[[Central Park]]", e a área onde se atopaba a antiga base xaponesa "''The Village''", en referencia a [[Greenwich Village]]. Durante o restante ano de guerra Tinian converteuse na base aérea no [[Pacífico]] con maior actividade, acollendo o despegue da gran maioría de avións destinados a bombardear as principais cidades xaponesas. Entre estes avións atopábanse os que lanzaron as dúas [[bomba de hidróxeno|bombas atómicas]] sobre [[Hiroshima]] e [[Nagasaki]], ''[[Fat Man]]'' e ''[[Little Boy]]''.
 
==Estado actual==