Terzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 11:
[[Ficheiro:Desembarcoislasterceiras.jpg|350px|miniatura|dereita|Desembarco de terzos españois na [[batalla da Illa Terceira]], nas [[Illas Azores]].]]
 
Aínda que foron oficialmente creados por [[Carlos I de España]] tras a reforma do [[exército]] de outubro de [[1534]] e a ordenanza de [[Xénova]] de [[1536]], onde se emprega por primeira vez a palabra terzo, como guarnicióngornición das posesións españolas en [[Italia]] e para operacións expedicionarias no [[Mediterráneo]], as súas orixes remóntanse probabelmente ás tropas de [[Gonzalo Fernández de Córdoba]] en Italia, organizadas en ''coronelías'' que agrupaban ás capitanías. Con estas tropas españolas asentadas en Italia, Carlos I nas súas ordenanzas de [[1534]] e [[1536]] organizaba o seu exército en tres terzos: un no reino de [[Sicilia]], outro no ducado de [[Milán]] (o reino de [[Lombardía]]) e outro no reino de [[Nápoles]]. En realidade, comezáronse a xestar na península. Durante o reinado dos [[Reis Católicos]] e a consecuencia da guerra de [[Reino de Granada|Granada]], adoptouse o modelo dos [[piqueiros]] suízos, pouco despois repartíanse as tropas en tres clases: piqueiros, escudados (espadachíns) e [[Bésta|besteiros]] mesturados coas primeiras armas de fogo portátiles (espingardeiros e escopeteiros). Non tardaron moito en desaparecer os escudados e pasar os homes con armas de fogo de ser un complemento das béstas a substituílas por completo. As vitorias españolas en Italia fronte aos poderosos exércitos franceses tiveron lugar cando aínda non se completara o proceso. Os tres primeiros terzos, creados a partir das tropas estacionadas en [[Italia]], foron o ''[[Terzo Vello de Sicilia]]'', o ''[[Terzo Vello de Nápoles]]'' e o ''[[Terzo Vello de Lombardía]]''. Pouco despois creáronse o ''[[Terzo Vello de Cerdeña]]'' e o ''[[Terzo de Galeras]]'' (que foi a primeira unidade de [[infantaría de mariña]] da Historia). Tódolos Terzos posteriores coñeceríanse como ''Terzos novos''. A diferenza do sistema de levas ou mercenarios, recrutados para unha guerra en concreto, típica da [[Idade Media]], os Terzos formáronse de soldados profesionais e voluntarios que estaban en filas de forma permanente, aínda que nun principio cada localidade debía prestar un de cada doce homes para os servizos do rei se este necesitábaos para a guerra, sen embargo, nunca faltaron voluntarios.
 
[[Ficheiro:Battle of Pavia.jpg|miniatura|dereita|300px|A [[Batalla de Pavía]] ([[1525]]), na que os [[España|españois]] venceron aos [[Francia|franceses]].]]
 
O Terzo nun principio non era polo tanto, unha unidade de combate propiamente falando, senón de carácter administrativo, un estado maior que tiña baixo o seu mando unha serie de compañías que se achaban de guarnicióngornición dispersas por diversas prazas de Italia. Este carácter peculiar mantívose cando mobilizáronos para combater en Flandres. O mando do terzo e o das compañías era directamente outorgado polo rei, polo que as compañías podíanse agregar ou desvincular do mando do terzo segundo conviñera. Deste modo, o Terzo mantivo o seu carácter de unidade administrativa, mais parecida a unha brigada do século XVIII que a un rexemento da época, ata mediados do século XVII, cando os terzos empezaron a ser levantados por nobres á súa costa, os cales nomeaban os capitáns e eran efectivos propietarios das unidades, como sucedía no resto dos exércitos europeos.
 
Estaban inspirados na [[Lexión romana]], polo que algúns historiadores cren que puideron ser bautizados así debido á ''tertia'', a lexión romana que operaba en [[Hispania]]. Eran unidades regulares sempre en pé de guerra, aínda que non existira ameaza inminente. Outros crearíanse mais tarde en campañas concretas, e identificábanse polo nome do seu [[mestre de campo]] ou polo escenario da súa actuación. A orixe do término «terzo» resulta dubidoso. Algúns pensan que foi porque, na súa orixe, cada terzo representaba unha terceira parte dos efectivos totais destinados en [[Italia]]. Outros sosteñen que debíase a que tiña que incluír tres tipos de combatentes (piqueiros, arcabuceiros e mosqueteiros) de acordo cunha ordenanza para “xente de guerra” de 1497 onde cámbiase a formación da infantaría en tres partes
Liña 328:
Na actualidade diversas unidades das [[Forzas Armadas Españolas]] conservan o nome de Terzo. Na [[Lexión Española|Lexión]] atopamos o Terzo Juan de Austria, o Terzo Alejandro Farnesio, o Terzo Gran Capitán e o Terzo Duque de Alba.<ref name="Legión Española">[http://www.ejercito.mde.es/organizacion/legion/unidades-real.htm Unidades — Despliegue de la Legión] en [http://www.ejercito.mde.es/ ejercito.mde.es]</ref>
 
Por outra parte na [[Armada Española]] a [[Infantaría de Mariña (España)|Infantaría de Mariña]] organízase en Terzos. A súa unidade expedicionaria principal é o Terzo de Armada, herdeiro directo dos Terzos Vellos de Armada ou Terzos do Mar de Nápoles. O resto da Infantaría de Mariña organízase en outros tres Terzos de guarnicióngornición denominados Terzo do Sur ([[San Fernando (Cádiz)|San Fernando]]), Terzo do Norte ([[Ferrol]]) e Terzo de Levante ([[Cartaxena (España)|Cartaxena]]). Estes tres terzos forman xunto ás Agrupacións de Canarias e Madrid as Forzas de Protección. As bandeiras e insignias dos Terzos españois continúan portando a antiga cruz borgoñoa ou de San Andrés que portaban os Terzos do emperador Carlos.<ref name="Tercio de la Armada">[http://www.armada.mde.es/ArmadaPortal/page/Portal/ArmadaEspannola/buques_infanteria/01_tercio_armada--04_historia_tear Historia do Terzo da Armada] en [http://www.armada.mde.es/ armada.mde.es]</ref>
 
== Anécdotas dos terzos ==