Tesalia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q166919
Sen resumo de edición
Liña 42:
Os tesalios non tomaron parte na [[guerra do Peloponeso]], pero a maioría da poboación das cidades simpatizaba con Atenas, mentres os gobernos oligárquicos eran favorables a [[Esparta]]. Con axuda de Esparta, [[Brásidas]] avanzou por Tesalia en [[-424]] en dirección ás posesións atenienses de [[Macedonia histórica|Macedonia]], pero en [[-423]] os tesalios prohibiron o paso aos reforzos espartanos enviados a Brásidas.
 
Cara ao fin da guerra do Peloponeso as importantes familias dos Aleuadas de Larisa, dos [[Escópadas]] de [[Cranón]] e dos [[Creondas]] de Farsalia, que se repartían o poder en Tesalia, foron excedidas polo incremento de poder de [[Feres]] baixo [[Licofrón I de Feres|Licofrón]] que aspirou á hexemonía rexional. Licofrón derrocou ao goberno oligárquico de Feres e proclamouse tirano; despois atacou Larisa e outras cidades que se lle opuñan ([[-404]]) e obtivo unha notable vitoria. En [[-395]] Licofrón estaba en plena campaña contra Larisa, gobernada por Medios, probablemente un membro dos Aleuadas. Licofrón obtivo a axuda de Esparta e Medios pediu axuda a Atenas. Medios ocupou Farsalia, que había estado xa ocupada por unha guarnicióngornición espartana, e vendeu aos seus habitantes como escravos. En -395 Medios aliouse aos beocios contra Esparta. O espartano [[Agesilao II]] marchou cara a Asia o ano seguinte e cando foi chamado polo goberno de Esparta pasou por Tesalia e a cabalería das cidades dominadas por Medios quíxolle valar o paso, pero foi derrotada por Axesilao con hábiles manobras. A derrota de Medios custoulle cara, pois perdeu o soporte das cidades e xa non foi rival para Feres na loita pola hexemonía. Farsalia recuperou a a súa liberdade, foi reconstruída, e converteuse na segunda cidade logo de Feres. O poder supremo en Farsalia foi encargado ao tirano Polidamas, que tiña o apoio de todas as tendencias (e exerceu a satisfacción de todos).
 
Logo de Licofrón, gobernou a cidade de Feres o tirano [[Xasón de Feres|Xasón]], home de gran enerxía e habilidade, probablemente o seu fillo. Xasón quería estender a súa hexemonía a toda Grecia e ata [[Persia]]. Fíxose elixir [[Tagos]] de Tesalia ([[-374]]) e reuniu un poderoso exército de 6.000 cabaleiros e 10.000 hoplitas; someteu a todas as cidades tesalias á súa autoridade, ata Farsalia que aínda que podía ser conquistada pola forza, Xasón someteuna pola negociación, ofrecendo a Polidamas o segundo lugar na dirección política de Tesalia; Polidamas, logo de tentear a posible axuda de Esparta, que non podía chegar, accedeu, e incluíu Farsalia dentro da hexemonía de Xasón. Iso incrementou as súas forzas en 8.000 cabaleiros e 20.000 infantes. Tamén formou alianzas con [[Alcetas I]] do Epiro e con [[Amintas II de Macedonia]]. Desde o [[-371]] foi aliado de [[Tebas (Grecia)|Tebas]] que invitou a Xasón a atacar o campo dos lacedemonios, pero o tirano tesalio optou por aconsellar unha tregua que permitiu aos espartanos a retirada.
Liña 50:
Sucederon a Xasón os seus irmáns Polifrón e Polidoro, cos que Tesalia perdeu a súa influencia. Polifrón foi asasinado, pero Polidoro que quedou como único (''Tagos'') exerceu a súa autoridade con moita enerxía e crueldade. Polidamas de Farsalia foi executado, e outros posibles rivais e xefes (especialmente de Larisa) foron exiliados ou asasinados.
 
Finalmente Polidoro foi asasinado por [[Alexandre de Feres]], probablemente o seu irmán ou o seu neto. Alexandre foi extremadamente cruel. Os Aleuadas e outras familias nobres foron perseguidos, e o novo rei de [[Macedonia histórica|Macedonia]], Alexandre, sucesor de Amintas, el mesmo ameazado, invadiu Tesalia, derrotou a Alexandre e ocupou Larisa e [[Cranón]], onde estableceu guarniciónsgornicións.
 
Pero pouco despois, por necesidades internas hóubose de retirar. Alexandre recuperou o poder, pero algunhas cidades tesalias pediron axuda a Tebas e no [[-369]] o tebano [[Pelópidas]] invadiu Tesalia, e ocupou Larisa e outras cidades (co beneplácito de Alexandre de Macedonia), pero ao ano seguinte ([[-368]]) Pelópidas foi atacado en Larisa por Alexandre, que pedira axuda a Atenas, ata que se estableceu unha tregua. Pelópidas foi entón a Macedonia ([[-367]]) onde o novo rei Alexandre fora asasinado polo seu medio irmán [[Ptolomeo Alorita]] (Ptolomeo de Aloros) e substituído polo seu irmán [[Pérdicas III de Macedonia|Pérdicas III]] baixo rexencia do asasino. Pérdicas e o seu irmán pequeno Filipo foron confiados respectivamente á custodia do ateniense [[Ifícrates]] e de Pelópidas. Así este último e o rexente Ptolomeo convertéronse en aliados e a influencia de Tebas estendeuse a Tesalia.
Liña 60:
Unha segunda expedición dirixida por Epaminondas en [[-365]] conseguiu a vitoria e obtivo a liberdade dos prisioneiros, aínda que non pudor restaurar a hexemonía tebana sobre Tesalia. Pero a opresión de Alexandre foi demasiado grande e algunhas cidades pediron a Tebas que interviñese e en [[-364]] Pelópidas foi enviado de novo ao país cun exército tebano. Pelópidas morreu no primeiro combate. Os tebanos enviaron un exército máis poderoso que derrotou a Alexandre o cal houbo de recoñecer a hexemonía tebana sobre Tesalia, deixando só a Alexandre o dominio de Feres.
 
Á morte de Epaminondas en [[Mantinea]] ([[-362]]) a hexemonía de Tebas afundiuse e Alexandre recuperou gran parte do seu antigo poder sobre Tesalia. Foi asasinado en [[-359]] pero a súa muller, Tebe e os seus irmáns, un dos cales, Tisifón, sucedeulle, pero con Tebe exerceu o poder na sombra. Non durou demasiado tempo e sucedeulle o seu irmán [[Licofrón II de Feres|Licofrón II]]. Mentres, os Aleuadas de Larisa formaron alianza con [[Filipo II de Macedonia]], o cal ante a ameaza que para Larisa supuña Licofrón II, invadiu Tesalia o [[-353]]. Licofrón pediu axuda ao focidio [[Onormaco]] e puido rexeitar ao macedonio, pero ao ano seguinte Filipo volveu e obtivo unha gran vitoria sobre Onormaco e Licofrón II, nunha batalla na que o primeiro morreu. Filipo asediou Feres e Licofrón II rendeuse e permitíuselle retirarse a Fócida cos seus soldados. Filipo estableceu en Feres un goberno popular e deu unha independencia nominal ás cidades tesalias, pero baixo a súa hexemonía; tamén estableceu unha guarnicióngornición en [[Magnesia (prefectura)|Magnesia]] e no porto de Pagasas. Un intento de revolta o ano [[-344]] en favor da familia dos antigos tiranos de Feres permitiu a Filipo establecer unha guarnicióngornición en Feres e a colocar á fronte de cada unha das catro tetrarquías a un membro da familia Aleuada, completamente entregada aos seus intereses. Así Tesalia quedoulle totalmente sometida.
 
Á morte de Filipo os tesalios deron apoio ao seu fillo [[Alexandre Magno]]; á morte deste querían a independencia, pero a vitoria de [[Antípatro]] mantívolles baixo dominio macedonio, reino ao que permanecerá unido ata a derrota do rei [[Filipo V de Macedonia]] logo da [[batalla de Cinoscéfalos]] en [[-197]]. Entón o [[senado romano]] declarouna territorio libre, pero virtualmente baixo soberanía [[Antiga república romana|romana]]. O goberno das cidades quedou en mans das familias máis poderosas que formaron un tipo de senado que se reunía en Larisa.