Guerra de trincheiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Sen resumo de edición
Liña 47:
[[Ficheiro:Lancashire Fusiliers trench Beaumont Hamel 1916.jpg|miniatura|300px|Primeira división de [[fusil]]eiros de [[Lancashire]], nunha trincheira de comunicación preto de [[Beaumont-Hamel]], Somme, 1916]]
 
Ao pouco tempo de comezar a guerra, a estratexia defensiva británica suxeriu un sistema principal de trincheiras de tres liñas paralelas con cada liña conectada por trincheiras de comunicación. O punto no que unha trincheira de comunicación facía intersección coa trincheira frontal era dunha importancia crítica, e normalmente atopábase fortemente fortificado. A trincheira frontal tiña unha guarnicióngornición lixeira, e normalmente só estaba ocupada polas tropas de garda ao amencer e á noitiña. Entre 70 e 100 iardas (entre 63 e 90 m) máis afastada achábase a trincheira de apoio (ou "de viaxe"), que sería á que retrocedería a guarnicióngornición no caso de que a trincheira frontal fose bombardeada. Entre 300 e 500 iardas (entre 270 e 450 m) máis atrás atopábase a terceira trincheira de reserva, onde as tropas de reserva podíanse xuntar para un contraataque se as trincheiras frontais eran capturadas.
 
Este sistema defensivo pronto se volveu obsoleto, a medida que foi crecendo o poder da artillería. Con todo, nalgúns sectores da fronte, a trincheira de apoio mantívose como señuelo para atraer o lume inimigo lonxe das liñas frontais e de reserva. Acendíanse lumes para facela parecer habitada, e os danos producidos polas bombas eran reparados inmediatamente.
Liña 117:
levaban a cabo escaramuzas (pequenos ataques sen intención de conquistar o terreo) co fin de capturar prisioneiros e "botín" (cartas e outros documentos con información sobre a unidade que ocupaba a trincheira oposta). A medida que a guerra seguía adiante, estas escaramuzas convertéronse en parte da política xeral levada a cabo polos británicos, coa intención de manter o espírito de loita das tropas, e para impedir aos alemáns ocupar a terra de ninguén. Ese dominio conseguiuse a un custo moi alto, e os estudos británicos tras a guerra concluíron que os beneficios probablemente non valeron o custo.
 
A comezos da guerra preparábanse estes pequenos ataques por sorpresa, particularmente facíano os canadenses, pero o incremento da vixilancia fixo que a sorpresa fose difícil a medida que a guerra avanzaba. En 1916, as operacións eran exercicios moi ben planeados, con armas combinadas, e que supuñan a cooperación entre a infantería e a artillería. Comezaría cun bombardeo intenso da artillería co fin de evacuar ou matar á guarnicióngornición da trincheira da fronte e cortar o arame de puas. Logo trasladábase o bombardeo, facendo unha especie de caixa ou cordón que impedise un contraataque contra a infantería.
 
==A morte nas trincheiras==
Liña 132:
[[Ficheiro:Stretcher bearers Passchendaele August 1917.jpg|miniatura|300px|Transportando corpos, Passchendale, agosto de 1917]]
 
En varios momentos durante a guerra, sobre todo ao principio, organizábanse vías oficiais para que se puidesen recoller aos feridos en terra de ninguén e para poder enterrar aos cadáveres. Con todo, o habitual era que os altos mandos non aprobasen ningún alto na ofensiva por razóns humanitarias, e por iso ordenaban ás tropas non permitir a ninguén recoller os corpos en terra de ninguén. En calquera caso, os soldados adoitaban ignorar esta orde nas trincheiras, porque sabían do beneficio mutuo que supuña permitir esas operacións. Con iso, axiña que como cesaban as hostilidades, saían partidas a recoller aos feridos, marcadas con bandeiras cunha [[Cruz Vermella]], e ás veces intercambiaban cos inimigos uns feridos por outros. Había ocasións nas que este cesamento do fogo extraoficial utilizábase para facer un recoñecemento ou reforzar unha guarnicióngornición.
 
Unha tregua moi famosa foi a [[tregua de Nadal]] entre soldados británicos e alemáns no inverno de 1914, na fronte próxima a Armentieres. Os soldados alemáns comezaron a cantar [[panxoliña]]s e pronto os soldados deixaron as trincheiras. Os soldados de ambos os bandos intercambiaron agasallos e historias, e ata xogaron algúns partidos de [[fútbol]]. Con todo, os xenerais dos exércitos desaprobaban estas treguas, e os británicos chegaron a organizar un [[consello de guerra]] a varios dos seus soldados.