Historia de Tianjin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Beijing>Pequín
Sen resumo de edición
Liña 3:
Coa apertura da sección norte da [[Gran Canle]] en tempos da [[dinastía Sui]] (581-618), a poboación de '''Zhigu''' na beira do río Hai He adquire unha importancia repentina coma praza comercial entre o [[Golfo de Bohai]] e o centro e sur da [[China]], de resultas da cal comeza o seu desenvolvemento urbano.
 
Non será ata 1404 cando o [[emperador Yongle]] da [[dinastía Ming]] darálle o pulo definitivo ao mandar construír un forte (guarnicióngornición de ata 5600 soldados) no lugar que lle servira de vado do río na súa marcha cara a [[Pequín]]. Tamén arrodéase dunha muralla rectangular duns cinco quilómetros con catro portas.
 
Esa dobre circunstancia, lugar do vado do emperador ('''[[Tianjin]]''', vado celestial) e a consolidación de Pequín coma capital do [[Imperio Chinés]] (ampliación da Gran Canle ata alí), converten a posición da cidade en estratéxica mesmo ata os nosos días.