Casa Vicens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 22 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q746333
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:casavicens.jpg|miniatura|Casa Vicens]]
A '''Casa Vicens''' é unha vivenda unifamiliar deseñada polo arquitecto [[Antoni Gaudí]] e construidaconstruída por '''Manuel Vicens''' entre os anos [[1883]] e [[1888]]. Foi o primerprimeiro deseño de [[Gaudí]], considerado tamén a súa primeira realización arquitectónica, e está situada na ''Carrer de les Carolines, 18-24'', no Barrio de Gràcia da [[Barcelona]].
 
No tempo da súa construción a Casa tiña un amplo xardín, unha fonte e unha glorieta, pero agora debido ao ensanchamento da rúa atópase encaixoada por outras edificacións. Este temperán proxecto amosa moitas influencias, sendo a máis notabel a Mudéxar, moi evidente na parte alta da casa onde as torres lembran os miraretes dos templos musulmáns. A obra está construidaconstruída de pedra espida, ladrillos vermellos, tellas coloreadas, e reixas e celosías de ferro forxado, nas que os motivos principais son as flores de palmito e xirasol. Ao ser un dos seus primeiros proxectos, aínda non aparecen nel as liñas curvas tan típicas e coñecidas da arquitectura gaudiniana, senón que a liña recta é predominante en todo o edificio. Os ladrillos e as tellas viñan da fábrica de cerámica da que era dono Manuel Vicens, empresario que tivo algunhas dificultades económicas durante a construción e por iso o remate se prolongou un pouco máis do acordado.
 
Esta primeira obra de [[Gaudí]] non só amosa a relación entre a natureza e a [[arquitectura]], senón que, debido ao momento no que foi feita, supón unha referencia para os vindeiros arquitectos modernistas cataláns e unha gran contribución para o estilo internacional que máis tarde se coñecería como [[Art Nouveau]].