Diferenzas entre revisións de «Champiñón común»

== Descrición ==
[[Ficheiro:101-0114 IMG.JPG|thumb|right|Cultivo de ''Agaricus bisporus''.]]
''A. bisporus'' presenta un [[Píleo (micoloxía)|chapeu]] arredondado e lixeiramente achatado na parte superior. Durante o proceso de crecemento, este se atopa unido ao [[Estipe (micoloxía)1pé|pé]] por medio dun anel simple, é dicir virado só cara a base; contra o final da fase de desenvolvemento abre, co que quedan á vista as [[Lamela (micoloxía)|lamelas]] típicas das [[Agaricaceae|agaricáceas]]. Estas están ceibas do pé, e co tempo tornan gradualmente dunha cor rosada a unha parda escura. O chapeu pode acada os 18 cm de diámetro, e o pé até oito de longo e tres de diámetro.
 
O trazo distintivo de ''A. bisporus'' é microscópico: as súas [[espora]]s (que miden de 5,5 a 8,5 por de 4 a 6,5 µ, de forma elíptica, se presentan dous por cada [[basidio]], no canto de catro como é habitual noutros ''[[Agaricus]]''.
21.448

edicións