Micoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
'''Micoloxía''' é a [[ciencia]] que estuda os [[Fungi|fungos]]. Os micólogos pescudan a [[Taxonomía]], sistemática, [[Morfoloxía (bioloxía)|morfoloxía]], [[fisioloxía]], bioquímica, utilidades, e os efectos benéficos e prexudiciais das especies de fungos, que poden ser [[Parasito|parasitos]], [[saprófito|saprófitos]] ou [[decompositor|decompositores]].
 
== Historia ==
A historia do cultivo de cogomelos naceu hai miles de anos en Oriente, os chineses foron os precursores do cultivo de cogomelos para consumilos como alimento e tamén como meneciñaa, xa que moitos teñen interesantes propiedades medicinais, mesmo os máis populares que atopamos na actualidade no supermercado como o champiñón ou os ''[[Pleurotus]]'', etiquetados por erro en ocasións como “[[cogomelo de cardo]]”. Xaponeses e mexicanos tamén foron dos primeiros en cultivar cogomelos, sen métodos científicos e con resultados moi desiguais. A Europa chegou a partir do ano 1600. Os franceses foron os primeiros en cultivar o [[champiñón]] no século XVIII e por iso ao ''[[Agaricus bisporus]]'' se lle deu como nome popular ''champiñón de París''.
 
=== O cultivo de cogomelos en Galiza ===
A [[Galiza]] non chegaría o cultivo de cogomelos para consumo masivo até o século pasado, circunstancia na que seguro tivo que ver a micofobia existente en Galiza que se arrastra até a actualidade. Hoxe atopamos cogomelos frescos, secos, en tarro... todo o ano. Cultívanse distintas variedades de ''[[Pleurotus]]'' como: o [[pleuroto]] (''P. Ostreatus''), (''[[Pleurotus Cornucopiae]]'') (pleuroto escuro), ''[[Pleurotus citrinopileatus]]'' (pleuroto tropical amarelo), ''[[Pleurotus eryngii]]'' ([[pleuroto de cardo]]), ''[[Pleurotus pulmonarius]]'', ''[[Agaricus bisporus]]'' ([[champiñón común]]) e incluso variedades en ensaio, menos populares, como ''[[Coprinus comatus]]'' ([[matacandil]]) ou ''[[Lepista nuda]]'' ([[pé azul]])<ref>http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.6128.php</ref>.
 
== Notas ==
{{referencias}}
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===