Plano piloto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
+
Liña 1:
{{Ortografía}}
O '''Plano Piloto''' de [[Brasilia]], no [[Distrito Federal, (Brasil)|Distrito Federal]], foi proxectado por [[Lucio Costa]], vencedor do concurso, en 1957, do proxecto urbanístico para a Nova Capital do Brasil. A forma do plano está inspirado nunha cruz<ref>Guia de Brasilia - histórico [http://www.guiadebrasilia.com.br/historico/memorial-d.htm Memorial do Plano Piloto de Brasília]</ref>. O formato da área compárase, comunmente, co plano dun [[avión]], ainda que Lucio Costa, defendeu a tese de que a Capital Federal podía se comparar con unha [[bolboreta]]<ref>A História de Brasília: [http://www.infobrasilia.com.br/lucio.htm Um pouco sobre Lucio Costa]</ref><ref>[http://www.secom.unb.br/releases/rl0906-15.htm Os primeiros passos da capital]. SECOM - Secretaria de Comunicação da Universidade de Brasília (UnB)</ref>
 
O proxecto consistiu, basicamente, nun eixo central (chamado popularmente Eixão ou Eixo Rodoviario) no sentido norte-sur; e un Eixo Monumental, no sentido leste-oeste. A creación arquitectónica dos monumentos centrais foi deseñada por [[Oscar Niemeyer]]. O Eixo Rodoviario está formado polas Asa Norte e Asa Sul, e por unha parte central, onde se encontran as "asas" formando a estación de autobuses ou rodoviária. Nas "asas" crearonse as supercuadras residenciais, as cuadras comerciais e as entre-cuadras de lecer (onde tamén hai escolas e igrexas). O Eixo Monumental componse da Esplanada dos Ministerios e da Praza dos Tres Poderes, ao leste; da estación de autobuses, sectores de autarquías, comerciais, lecer e hoteleiros, no centro; e da Torre de TV de Brasilia, do sector deportivo, estadio Mané Garrincha, autódromo e Praza Burití, ao oeste.