Cañita Brava: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=setembro de 2013}}
{{Atención|data=febreiro de 2007|non neutral, contidos irrelevantes, sen referencias}}
{{Infobox biografía
|nome = Manuel González
Liña 14:
|sinatura =
}}
'''Manuel González''', máis coñecido como '''Cañita Brava''', é un artista cómico-musical [[Galicia|galego]] que saltou á fama a comezos dos anos 90 e que é recoñecido como un dos pioneiros do [[frikismo]] en España. Entre algunhas das súas mellores cancións atópanse clásicos coma "La pichina", "El fugitivo", "Twist esa chica", "Espikinllú" ou "Los invasores", ademais doutros temas coma "Canción en chino" ou "Canción en ruso", nas que utiliza unha particular mistura de expresións cómicas pretendidamente tomadas de varios idiomas.
 
==Biografía==
Natural das Xubias de Abaixo, nos Castros, [[A Coruña|Coruña]]. Cañita Brava descubriu a súa inclinación ao mundo do espectáculo cando comprobou que a súa versión do famoso merengue "Caña brava" era aceptado con entusiasmo polos seus veciños e amigos. Antes de dedicarse á canción, Cañita traballaba no peirao da súa localidade natal, mais decidiu deixar ese traballo porque estaba a perxudica-las súas cualidades vocais. Tras algunhas actuacións de carácter local que axudaron a establece-lo seu nome, Cañita tivo a súa primeira grande oportunidade cando apareceu no lexendario programa de [[TVE]] ''El semáforo'', presentado por [[Jordi Estadella]] e a diva francesa [[Marlene Mourreau]]. Atopabámosnos nuns intres --comezos da década dos noventa-- nos que os frikis aínda non penetraran na cultura televisiva española, na actualidade completamente asulagada por personaxes deste tipo, polo que o éxito de Cañita rachou moldes e contribuíu a abri-las portas a toda unha xeración de frikis que chegarían despois, xente coma Tamara, o Cuñao ou o Pozí. Todos eles teñen unha débeda indiscutíbel con Cañita, que coas súas intervencións en ''El semáforo'' e moitos outros programas televisivos camiñou por vieiros ata entón inexplorados na pequena pantalla española.
 
===Aparición en televisión===
Á primeira aparición de Cañita en TVE (na que non interpretou ningunha canción pero si fixo unha parodia da retransmisión do famoso encontro España-Malta) sucedéronse moitas outras, nas que comezou a explora-los seus varios talentos como compositor e vocalista en temas da calidade decomo "Canción en ruso" ou "Ya vienen los pastores", esta última unha panxoliña que adaptou ao seu estilo para unha edición de nadal de ''El semáforo''. O público aclamou case dende o principio a arte de Cañita, que chegou a transcender por completo o formato do programa, que era en realidade un concurso de talentos moi dubidosos. Así, Cañita axiña se converteu nun regular e adoitaba aparecer fóra de concurso, demostrando cada semana que era un artista prolífico que endexamais ficaba sen cancións. "Tengo más de treinta canciones compuestas", asegurou nunha ocasión, "y siempre me quedan las mejores para el final, no sé por qué".
 
É aquí onde a historia de Cañita se tinxe de controversia, pois ao longo dos anos, moito se ten publicado acerca de sobre quén recae o dudoso privilexio de descubrillo e presenta-lo seu talento en ''El semáforo''. Aínda que hai quen insiste en que o responsábel da primeira aparición de Cañita no programa é [[Narciso Ibáñez Serrador]], "Chicho", o admirado creador de programas da entidade de ''Un, dos, tres'', nalgunhas entrevistas o propio Cañita outórgalle todo o mérito do seu salto á fama a Juan Ballesteros, un dos empregados de Chicho na produción de ''El semáforo''. Polo tanto, aínda que Chicho foi o creador e director do programa, Ballesteros foi quen trouxo a Cañita á súa atención e lle dixo, en palabras do propio artista galego, "que le convenía" aceptalo como participante. Tampouco é certo que Chicho fose o seu representante, como máis dunha vez se ten especulado, pois Serrador endexamais se pronunciou ao respecto e, ademais, probabelmente tería traballo dabondo coa preparación semanal de ''El semáforo''.
 
A pesar de ser coruñés, Cañita poucas veces ten interpretado cancións en galego; porén, o seu talento compositivo sen límites permítelle cantar en varias linguas, como tivémo-la ocasión de comprobar non só nas súas clásicas aparicións en ''El semáforo'', senón tamén máis recentemente en ''Somos unha potenzia'', o show de variedades da [[TVG]] presentado por [[Carlos Blanco Vila|Carlos Blanco]], quen se sorprendeu do talento políglota de Cañita. De feito, grande parte da crítica coincide en afirmar que, a pesar da semellanza melódica que existe na meirande parte das cancións de Cañita, a súa mestría compositora en varias linguas non ten precedentes nin sequera nos temas en latín que [[Cat Stevens]] gravou a finais dos anos 70. Sempre parco en verbas, Cañita quítalle importancia a este don tan especial: "Componer en idiomas, se puede componer. Yo escucho una palabra en un idioma y la meto en la canción y ya sé". Sen dúbida, verbas lúcidas, aínda que crípticas dabondo, pero verdadeiramente dignas de todo un xenio da música e da poesía.
 
===Aparición en cinema===
A finais da década dos noventa, cando a súa fama ía decrecendo debido en parte á saturación da oferta friki na televisión (unha tendencia que el axudara a crear e da que agora, ironicamente, estaba a ser vítima), Cañita tiña aínda un as gardado na manga. En 1998 deu o salto á grande pantalla da man de [[Santiago Segura]], cun moi pequeno papel no filmfilme de grande éxito ''[[Torrente, el brazo tonto de la ley]]'', película na que compartía cartel xunto con actores da categoría de [[Tony Leblanc]], o tamén galego [[Manuel Manquiña]], [[Chus Lampreave]] ou o propio Segura. A frase estelar de Cañita --"me debes tres mil pesetas de whisky"-- tivo tal popularidade que cando Segura se decidiu a face-la terceira parte da saga de ''Torrente'', pediulle a Cañita que voltasevolvese a aparecer e pronunciase esa mesma frase pero desta volta traducida a euros, para amosar que, a pesar do troco de moeda, Cañita seguía a ser un actor que dicía as súas frases con grande aplomo.
 
Sen dúbida, Cañita tomoulle gusto á cámara e á alfombra vermella, e coaCoa entrada no novo milenio protagonizou o film curto ''[[Los invasores]]'', no que interpreta a un policía en misión secreta na procura dunha rapaza que ninguén sabe onde se atopa. Editouse tamén a banda de son desta película, recibida con división de opinións pola crítica musical especializada, e nesta ocasión tampouco puido Cañita escapar da controversia. Ao pouco de edita-lo disco, apareceron unhas declaracións súas no diario [[La Voz de Galicia]] nas cales se queixaba de que a xente non mercaba o disco porque estaba a descargalo gratuitamente de internet, un feito que proba, unha vez máis, o éxito sen precedentes do que o artista de As Xubias segue a disfrutar despois de máis de quince anos de carreira.
 
HoxeLogo en díadiso, Cañita dedícase a realizarfacer shows por toda a xeografía ibérica, participando en inauguracións de discotecas, festas diversas (coma a [[Festa de Dia|Telecogresca]] en Barcelona, para a cal compuxo especialmente o tema [http://www.youtube.com/watch?v=lq3D-0BiQNE "Telocreca"]) e incluso dando pregóns para festividades locais.
===Actualidade===
Hoxe en día, Cañita dedícase a realizar shows por toda a xeografía ibérica, participando en inauguracións de discotecas, festas diversas (coma a [[Festa de Dia|Telecogresca]] en Barcelona, para a cal compuxo especialmente o tema [http://www.youtube.com/watch?v=lq3D-0BiQNE "Telocreca"]) e incluso dando pregóns para festividades locais.
 
==Discografía==
Liña 50 ⟶ 45:
==Filmografía==
===Longametraxes===
*''[[Torrente:, Elel brazo tonto de la ley]]'' (1998)
*''[[Torrente 3: El Protectorprotector]]'' (2005)
 
===Curtametraxes===