Papo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Esta achega baséase na tradución da versión en portugués da Wikipedia [pt:Papus (botânica)]
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de setembro de 2013 ás 07:28

Este artigo trata sobre un termo botánico, para o médico fanco galego, véxase: Papus.

Papus (plural papi) é un apéndice de pelos ou filamentos que coroa o froito de moitas plantas compostas e lle serve para ser transportado polo ar[1]. É unha estrutura que se atopa nas flores e froitos de moitas especies da familia Asteraceae, coma o tarrelo ou mexacán. Trátase dunha modificación do cáliz, onde os sépalos preséntanse extremamente ramificados en filamentos rectos. Eses filamentos teñen un papel moi importante na dispersión dos froitos, podendo asumir diferentes papeis, dependendo da especie: poden tornarse leves, facendo que os froitos fluctúen ao vento, poden tamén se tornar ríxidos e curvos para prendérense aos pelos dalgún animal, entre outras variacións máis ou menos específicas.

Papus de Cirsium arvense

Notas

  1. Tradución da definición atopada na Real Academia Española da lingua castelá, co nome vilano. Ningún dicionario galego atopado recolle un nome para esta entrada, polo que o termo empregado papus é o latino e tamén o empregado en lingua portuguesa