Endosimbiose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 54:
 
==Virus endosimbióticos e retrovirus endóxenos==
Durante o embarazo dos mamíferos [[vivíparo]]s, actívanse [[retrovirus]] endóxenos ([[ERV]]s) integrados nas súas células e reprodúcense en grandes cantidades durante a implantación do embrión. Por un lado estes virus actúan como immunodepresores, e protexen o embrión do sistema inmunitario da nai, e por outro lado unhas [[proteínas de fusión viral]] causan a formación do [[sincitio]] placentario para limitar o intercambio de células migatorias entre o embrión en desenvolvemento e o corpo da nai, xa que un [[epitelio]] de separación non sería eficiente para evitar a migración de células brancas sanguíneas. Un ERV é un virus similar ao virus da [[SIDA]] (HIV ou [[VIH]]). A acción inmunodepresora era o comportamento primario do virus, similar á do HIVVIH. A fusión de proteínas foi unha maneira de estender a infección a outras células simplemente mesturándoas coas infectadas (similar á acción do VIH).
 
Crese que os devanceiros dos mamíferos vivíparos modernos evolucionaron grazas á infección accidental sufrida por un antepasado con estes virus, que permitiu que o feto sobrevivise á acción do sistema inmunitario da nai.<ref>[http://www.dbc.uci.edu/~faculty/villarreal/new1/erv-placental.html The Viruses That Make Us: A Role For Endogenous Retrovirus In The Evolution Of Placental Species] (by Luis P. Villarreal)</ref>