Cuncha: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Lmbuga (conversa | contribucións)
Liña 30:
 
==Estrutura==
[[File:Nassarius siquijorensis 01.JPG|miniatura|''[[Nassarius siquijorensis]]'']]
A estrutura típica da cuncha dos moluscos consta de tres capas:
* A capa externa clámase '''periostraco''' (do grego ''peri'' =ó redor, e ''ostrakon''= casco). Está constituída exclusivamente por '''conquiolina''', segregada polo pregue do bordo do manto. Disponse a modo de membrana sobre o resto da cuncha e cae con facilidade ó morrer o animal e secarse a cuncha. Normalmente é transparente ou de cor marrón, sen brillo. Cumpre unha función protectora da cuncha evitando a disolución do carbonato na auga e tamén serve para evitar ou dificultar a fixación doutros organismos acuáticos sobre o molusco. Nos moluscos mariños é moi fina pero nos de auga doce é grosa como protección contra os restos vexetais en putrefacción.