Nucleoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 21:
O ADN procariótico denomínase '''''xenóforo''''' ou '''''cromosoma bacteriano'''''. Xenóforo é hoxe un termo un pouco arcaico, e actualmente é común na literatura científica referirse ao ADN do nucleoide como cromosoma bacteriano, aínda que este cromosoma é moi distinto do eucariótico, xa que carece de estrutura de [[cromatina]]<ref>Ris, H. (1961). Ultrastructure and molecular organization of genetic systems. Can. J. Genet. Cytol. 3, 95-120.</ref> e está compactado por medio dun [[superenrolamento]],<ref>{{cite journal | author = Benham C, Mielke S | title = DNA mechanics | journal = Annu Rev Biomed Eng | volume = 7 | issue = 1| pages = 21–53 | year = 2005| pmid = 16004565 | doi = 10.1146/annurev.bioeng.6.062403.132016}}</ref> que non se observa nos cromosomas eucarióticos. O cromosoma bacteriano ou xenóforo non contén [[histona]]s como o eucariótico, pero moitos procariotas empregan algunhas proteínas especializadas (que poden considerarse como "proteínas similares a histonas") para organizar espacialmente o material xenético, polo que non debe considerarse que o nucleoide é unha masa desorganizada de ADN. Na maior parte dos casos os procariotas teñen un só cromosoma.
 
O cromosoma bacteriano é case en todos os casos circular, pero nuns poucos procariotas é liñal. A súa natureza circular permite que se replique sen utilizar [[telómero]]s.<ref>{{cite book | author= Nelson D, Cox M | year = 2000 | isbn = 1-57259-153-6 | title= Principles of Biochemistry Third Edition | pages= 28–39 | publisher= Worth Publishers | location= New York}}</ref> Os cromosomas bacterianos son en xeral moito máis pequenos que os eucarióticos. O máis pequeno pode ter 580.073 [[par de bases|par de bases]] (en ''[[Mycoplasma genitalium]]'') e un de tamaño medio como o de ''[[E. coli]]'' ten uns 4.600.000 pares de bases. Os eucariotas levan tamén cromosomas de tipo bacteriano dentro de [[orgánulo]]s (que se cre teñen orixe bacteriana) como as [[mitocondria]]s e [[cloroplasto]]s. Estes orgánulos teñen varias copias circulares do seu ADN.<ref>{{cite book | author= Nelson D, Cox M | year = 2000 | isbn = 1-57259-153-6 | title= Principles of Biochemistry Third Edition | pages= 38–39 | publisher= Worth Publishers | location= New York}}</ref>
 
Ademais do seu ADN cromosómico, os procariotas teñen ADN en [[plásmido]]s, que son fragmentos circulares de ADN bicatenario moito máis pequenos que o cromosoma e que conteñen algúns xenes. Tamén conteñen [[episoma]]s.
 
== Véxase tamén ==