Nucleoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 17:
 
As proteínas que levan a cabo a organización espacial dinámica do ADN bacteriano denomínanse ''proteínas do nucleoide'' ou proteínas asociadas ao nucleoide (NAPs) e son diferentes das [[histona]]s dos [[núcleo celular|núcleos]] eucarióticos. A difeenza das histonas, as proteínas de unión ao ADN do nucleoide non forman [[nucleosoma]]s, nos cales o ADN está enrolado arredor dun complexo proteico de histonas. En vez diso, estas proteìnas usan outros mecanismos para promover a compactación, como a formación de bucles no ADN. As NAPs máis estudadas son HU, H-NS, Fis, CbpA, Bps que organizan o xenoma dirixindo fenómenos como o dobramento, formación de pontes e agregación do ADN.<ref>Dame, R. T., Kalmykowa, O. J., & Grainger, D. C. (2011). Chromosomal macrodomains and associated proteins: implications for DNA organization and replication in gram negative bacteria. PLoS genetics, 7(6), e1002123. doi:10.1371/journal.pgen.1002123 [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC3116907/]</ref> Estas proteínas poden formar ''clusters'' (como no caso de H-NS) para compactar localmente rexións específicas do xenoma, ou estar espalladas por todo o cromosoma (como HU, Fis), e parecen estar implicadas tamén nos eventos de coordinación da transcrición, secuestro espacial de xenes específicos e participan na súa regulación.<ref>Wang, W., Li, G., Chen, C., Xie, X. S., & Zhuang, X. (2011). Chromosome organization by a nucleoid-associated protein in live bacteria. Science (New York, N.Y.), 333(6048), 1445–9. doi:10.1126/science.1204697 [http://bernstein.harvard.edu/papers/SCIENCE%20v333%201445-1449%20Sep%202011.pdf]</ref>
 
==Cromosoma bacteriano==
O ADN procariótico denomínase ''xenóforo'' ou ''cromosoma bacteriano''. Xenóforo é u hoxe un termo un pouco arcaico, e actualmente é común na literatura científica referirse ao ADn do nucleoide como cromosoma bacteriano, aínda que este cromosoma é moi distinto do eucariótico, xa que carece de estrutura de [[cromatina]]<ref>Ris, H. (1961). Ultrastructure and molecular organization of genetic systems. Can. J. Genet. Cytol. 3, 95-120.</ref> e está compactado por medio dun [[superenrolamento]],<ref>{{cite journal | author = Benham C, Mielke S | title = DNA mechanics | journal = Annu Rev Biomed Eng | volume = 7 | issue = 1| pages = 21–53 | year = 2005| pmid = 16004565 | doi = 10.1146/annurev.bioeng.6.062403.132016}}</ref> que non se observa nos cromosomas eucarióticos. O cromosoma bacteriano ou xenóforo non contén [[histona]]s como o eucariótico, pero moitos procariotas empregan algunhas proteínas especializadas (que poden considerarse como "proteínas similares a histonas") para organizar espacialmente o material xenético, polo que non debe considerarse que o nucleoide é unha masa desorganizada de ADN.
 
O cromosoma bacteriano é case en todos os casos circular, pero nuns poucos é liñal. A súa natureza circular permite que se replique sen utilizar [[telómero]]s.<ref>{{cite book | author= Nelson D, Cox M | year = 2000 | isbn = 1-57259-153-6 | title= Principles of Biochemistry Third Edition | pages= 28–39 | publisher= Worth Publishers | location= New York}}</ref> Os cromosomas bacterianos son en xeral moito máis pequenos que os eucarióticos. O máis pequeno pode ter 580.073 [[par de bases|par de bases]] (en ''[[Mycoplasma genitalium]]'') e un de tamaño medio como o de ''[E. coli]]'' ten uns 4.600.000 pares de bases. Os eucariotas levan tamén cromosomas de tipo bacteriano dentro de [[orgánulo]]s (que se cre teñen orixe bacteriana) como as [[mitocondria]]s e [[cloroplasto]]s.<ref>{{cite book | author= Nelson D, Cox M | year = 2000 | isbn = 1-57259-153-6 | title= Principles of Biochemistry Third Edition | pages= 38–39 | publisher= Worth Publishers | location= New York}}</ref>
 
== Véxase tamén ==