Nucleoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 16:
A evidencia experimental indica que o nucleoide está composto fundamentalmente por [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] (60%), con pequenas proporcións de [[ARN]] e [[proteína]]s. Estes dous últimos compoñentes actúan como [[ARN mensaxeiro]] e como proteínas reguladoras do xenoma ([[factor de transcrición|factores de transcrición]]).
 
As proteínas que levan a cabo a organización espacial dinámica do ADN bacteriano denomínanse ''proteínas do nucleoide'' ou proteínas asociadas ao nucleoide (NAPs) e son diferentes das [[histona]]s dos [[núcleo celular|núcleos]] eucarióticos. A difeenza das histonas, as proteínas de unión ao ADN do nucleoide non forman [[nucleosoma]]s, nos cales o ADN está enrolado arredor dun complexo proteico de histonas. En vez diso, estas proteìnas usan outros mecanismos para promover a compactación, como a formación de bucles no ADN. As NAPs máis estudadas son HU, H-NS, Fis, CbpA, Bps que organizan o xenoma dirixindo fenómenos como o dobramento, formación de pontes e agregación do ADN.<ref>Dame, R. T., Kalmykowa, O. J., & Grainger, D. C. (2011). Chromosomal macrodomains and associated proteins: implications for DNA organization and replication in gram negative bacteria. PLoS genetics, 7(6), e1002123. doi:10.1371/journal.pgen.1002123 [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC3116907/]</ref> Estas proteínas poden formar ''clusters'' (como no caso de H-NS) para compactar localmente rexións específicas do xenoma, ou estar espalladas por todo o cromosoma (como HU, Fis), e parecen estar implicadas tamén nos eventos de coordinación da transcrición, secuestro espacial de xenes específicos e participan na súa regulación.<ref>Wang, W., Li, G., Chen, C., Xie, X. S., & Zhuang, X. (2011). Chromosome organization by a nucleoid-associated protein in live bacteria. Science (New York, N.Y.), 333(6048), 1445–9. doi:10.1126/science.1204697</ref>
 
== Véxase tamén ==