Intoxicación por cogomelos velenosos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 62:
[[Ficheiro:200910071358MEZ Limeswanderweg Wp 10-14 - Wp 10-15 4.jpg|miniatura|O [[rebentabois]] ou amanita pinta, ''[[Amanita muscaria]]''.]]
 
Algúns cogomelos producen intoxicacións que afectan ao [[sistema nervioso central]]. Quizais a máis grave sexa a producida pola [[cacaforra cincenta]] (''[[Amanita pantherina]]''). Outras especies causantes son o [[rebentabois]] (''[[Amanita muscaria]]'') e a [[cacaforra dourada]] (''[[Amanita gemmata]]''). Dentro das toxinas responsables trátase de derivados isooxazólicos chamados ácido iboténico, '''muscimol''' e muscazona.
 
Os síntomas van dende molestias gástricas, vertixe, alteracións motoras, incoordinación de movementos (como se estivese borracho), cambras musculares. Pero o máis rechamante son as alteracións mentais: euforia, sensación de embriaguez, dificultades na fala, cambios de conduta, accesos de furia etc. Ás veces, depresión, desorientación, confusión, alteracións visuais. Despois o suxeito remata durmido durante horas.