Intoxicación por cogomelos velenosos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[File:2009-05 Amanita phalloides crop.jpg|miniatura|300px|AO [[pan da morte]] (''[[Amanita phalloides]]'') é un dos cogomelos máis perigosos]]
A '''intoxicación por cogomelos velenosos''', mortais ou non, coñécese como '''micetismo''' e presenta diversos cadros e síndromes, que abarcan dende simples mareos, diarreas e vómitos, ata alucinacións e insuficiencias renais.
 
Liña 14:
 
====Intoxicación faloidiana ou síndrome faloidiana====
Trátase das intoxicacións por cogomelos máis graves que ocorren no noso país. Entre as especies causantes destaca o xénero ''[[Amanita]]'' (''[[Amanita phalloides]]'' ([[pan da morte]]), ''[[Amanita verna]]'') e o xénero ''Lepiota''. As toxinas responsables desta síndrome son coñecidas como amanitotoxinas. Dentro destas o grupo das '''amatoxinas''' é o máis interesante xa que é o responsable das intoxicacións faloidianas. Os compoñentes nocivos das amatoxinas son as amanitinas alfa, beta e gamma. A dose mortal de amanitinas para o home, que se deduce dos accidentes acontecidos, é de 5 a 10 mg para un adulto. O período de incubación adoita ser de 7 a 15 horas.
 
Os síntomas experimentados trala intoxicación diferéncianse en tres fases: gastrointestinal (gastroenterite aparatosa, con vómitos e diarrea abundante), de remisión aparente (desaparecen os síntomas durante algunhas horas) e a máis grave, a fase hepática (aféctase o [[fígado]] con hemorraxia e subictericia).
Liña 21:
 
====Intoxicación orellánica====
[[Ficheiro:Corellanus.jpg|miniatura|''[[Cortinarius orellanus]]'']]
A toxina responsable neste caso é a orellanina. A dose letal para o home é de 40 a 50 g de ''[[Cortinarius orellanus]]''.
A incubación é moi longa, de 2 a 15 días, e os síntomas comezan con moita sede, boca seca, dor de estómago, de cabeza, etc. Despois dun período de latencia prodúcese a insuficiencia renal.
Liña 28:
 
====Intoxicación giromitrínica====
As especies causantes son todos ascomicetos do xénero ''[[Giromitra]]''.
 
A toxina responsable denomínase giromitrina. A dose letal é de 30-50 mg de giromitrinas por kg de peso corporal para o adulto. É unha toxina acumulativa polo que pequenas cantidades inxeridas serven para causar dano, sobre todo no fígado.
Liña 52:
 
====Trastornos grastrointestinais====
Incluímos aquí procesos dixestivos de diversa importancia, dende gastroenterites serias (''[[Entoloma lividum]]'') ata as simples diarreas. Hai gran variedade de especies que poden ocasionar trastornos gastrointestinais: en moitas delas non se coñecen as substancias que causan os trastornos, pero nalgunhas identificáronse compostos que se mostran nocivos e irritantes dixestivos e que probablemente interveñan en intoxicacións humanas: triterpenos, sesquiterpenos cíclicos, fenois, ácido atroméntico, ácido telefórico, etc.
 
Ó pouco tempo trala inxestión aparecen os síntomas que corresponden a calquera molestia gastrointestinal. A gravidade e persistencia dos síntomas dependen da cantidade de cogomelos inxeridos, da oportunidade de tratamento e da sensibilidade individual pero, en xeral, trátase de intoxicacións pouco importantes. O tratamento consiste en evitar a deshidratación e o desequilibrio iónico, e pódese facer un lavado gástrico e intestinal, ou administrar carbono activo.
 
Hai tres especies coas que se producen complicacións máis graves: ''[[Entoloma lividum]]'', ''[[Tricholoma paridinum]]'' e ''[[Omphalotus olearius]]''.
 
====Trastornos mentais====
[[Ficheiro:Amanita-pantherina.jpg|miniatura|''[[Amanita pantherina]]''.]]
[[Ficheiro:200910071358MEZ Limeswanderweg Wp 10-14 - Wp 10-15 4.jpg|miniatura|O [[rebentabois]] ou amanita pinta, ''[[Amanita muscaria]]''.]]
 
Algúns cogomelos producen intoxicacións que afectan ao [[sistema nervioso central]]. Quizais a máis grave sexa a producida pola ''[[Amanita pantherina]]''. Outras especies causantes son a ''[[Amanita muscaria]]'' e a ''[[Amanita gemmata]]''. Dentro das toxinas responsables trátase de derivados isooxazólicos chamados ácido iboténico, '''muscimol''' e muscazona.
 
Os síntomas van dende molestias gástricas, vertixe, alteracións motoras, incoordinación de movementos (como se estivese borracho), cambras musculares. Pero o máis rechamante son as alteracións mentais: euforia, sensación de embriaguez, dificultades na fala, cambios de conduta, accesos de furia etc. Ás veces, depresión, desorientación, confusión, alteracións visuais. Despois o suxeito remata durmido durante horas.
Liña 73:
Ultimamente, co afán de probar drogas, hai quen busca o cogomelo ''Amanita muscaria''. As intoxicacións con predominio alucinóxeno non soen ser accidentais e débense ao consumo voluntario de fungos alucinóxenos.
 
Hoxe en día o consumo de cogomelos alucinóxenos estase a estender por diversos países creando distintos problemas. En [[Estados Unidos de América|EEUUEUA]], empezou a poñerse de moda en certos ambientes xuvenís a partir dos anos 70 e o emprego do que eles chaman “Recreational Drugs” e vaise estimulado por publicacións sobre o seu cultivo doméstico.
 
As toxinas responsables recordan aos alcaloides dedo [[cornello]] (''[[Claviceps purpurea]]''), a máis importante é a psilocibina.
 
== Interacción co alcohol ==
[[Ficheiro:Netzstieliger-Hexenröhrling-Boletus-luridus.jpg|miniatura|''[[Boletus luridus]]''.]]
Tamén chamada '''síndrome coprínica''', '''efecto antabuse''' ou '''antialcohol''', comprende unha serie de trastornos que se producen cando, ademais dos cogomelos implicados, se toman bebidas alcohólicas. Algunhas especies causantes son ''[[Coprinus atramentarius]]'', ''[[Clitocybe clavipes]]'', ''[[Boletus luridus]]'', ''[[Coprinus insignis]]'' ou ''C.[[Coprinus micaceus]]''.
 
A toxina responsable denominouse coprina. Os síntomas comezan unha media hora despois de consumir alcohol, probablemente cando o nivel en sangue chega a 5-10 mg por 100. Os máis típicos son os trastornos cardiovasculares, náuseas, vómitos, sabor metálico. Xeralmente non ten importancia se o nivel de alcohol no sangue non chega a ser moi grande (nalgunhas persoas non hai síntomas).
Liña 100:
== Medidas preventivas ==
* Non recoller cogomelos alterados pola idade, parasitos, xeadas ou grandes choivas. Tampouco as que medran en vertedoiros, proximidades a fábricas, autoestradas ou rúas de moito tráfico.
* Evitar os ''[[Agaricus]]'', [[agárico]]s, como a [[bóla de neve]] (''[[Agaricus arvensis]]''), a [[bóla de neve dos bosques]] (''[[Agaricus silvicola]]'') ou o [[fungo dos lameiros]] (''Agaricus campestris]]'').
* Evitar os ''Agaricus'' (champiñóns silvestres).
* Non deixar cogomelos tóxicos cerca dos comestibles. Non deixar manipular ós nenos.
* Revisar un por un todos os exemplares que se levan á cociña e tirar os anacos soltos que son difíciles de identificar.