Diferenzas entre revisións de «Afonso VIII de León e Galicia»

sen resumo de edición
 
==Chegada ao trono==
Pese a ser fillo primoxénito do rei [[Fernando II]], a nulidade do matrimonio deste coa súa primeira esposa, a portuguesa (Urraca de Portugal) complicou profundamente a acceso do futuro Afonso IX, fillo de ambos, ao trono. As pretensións da terceira muller do rei Fernando, a castelá [[Urraca López de Haro]], baseábanse na nulidade matrimonial do primeiro matrimonio de [[Fernando II]], aspirando por tanto a que o seu fillo lexítimo co rei, Sancho, asumira a coroa galego-leonesa no canto do infante Afonso. De novo, os principais apoios de Afonso IX se atoparon en Galicia en concreto na poderosa familia da [[Casa de Trava]] mais tamén no arcebispado de Santiago de Compostela o que impediu finalmente que a pretensión de [[Urraca López de Haro]] se fixeran efectivas.
 
Enfrontouse á súa madrasta e ao seu medio irmán pola coroa de León. Para facer máis forte o seu dereito ao trono convoca a [[Curia Rexia]] e recibe o apoio do clero, os nobres e as autoridades. Foron as primeiras [[Cortes]] xa que participaron de xeito pioneiro os representantes das cidades.
 
3.364

edicións