Afonso VIII de León e Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
}}
 
'''Afonso IX''', nado en [[Zamora, España|Zamora]] en [[1171]] e falecido en [[Sarria]] en [[1230]], foi rei de [[reino de León|León]] e [[reino de Galicia|Galicia]] (''rex LegionensivosLegionensium et Gallecie'') entre os anos 1188 e 1230. Segundo a numeración cronolóxica real da coroa galego-leonesa, debería ser coñecido como '''Afonso VIII de León de Galicia''', pero a súa denominación co ordinal IX é a utilizada máis habitualmente pola historiografía española para distinguilo do seu homónimo e rei coetáneo de Castela que reinou entre 1158-1214.
 
 
==Ascendencia e primeiros anos==
Neto por vía paterna de [[Afonso VII]] (rei de Galicia desde o ano 1111), e por vía materna de [[Afonso Henriques]] (primeiro rei de Portugal), Afonso IX foi fillo primoxénito do rei [[Fernando II]] de Galiza e León e da princesa [[Urraca de Portugal]]. Ao igual que o seu pai e avós, Afonso IX foi educado en Galicia polos membros condais da [[Casa de Traba|Casa de Trava]] ou [[Condado de Trastámara|Trastamara]], quen nese momento ostentaban a indiscutible primacía señorial en terras galegas e que se atopaban fortemente ligados á monarquía galega e galego-leonesa, especialmente desde os tempos de [[Froila Vermúdez]]. O encargado de educar ao infante foi o nobre galego [[Xoán Ares]] (''princeps Iohannes Arie tenete Alva de Buval''), señor da terras de Bubal e marido de [[Urraca Fernandes]], filla de [[Fernando Pérez de Traba]]. e neta por tanto de [[Pedro Froilaz]].
 
Criado en Galicia e por nobres galegos, foi tamén en terras galegas onde Afonso IX atopou os seus maiores valedores como demostra o feito de que meses antes de que o seu pai Fernando II morrera (ano 1188), o entón infante Afonso estivese refuxiado nos dominios dos [[Casa de Traba|Casa de Trava]] co apoio da corte portuguesa onde residía a súa nai Urraca despois de que o seu matrimonio co rei Fernando fose anulado. Foi precisamente na condado da [[Limia]] onde o daquela infante, recibiría a noticia da defunción do seu pai en Benavente, abríndose deste xeito un conflito sucesorio.
 
==Chegada ao trono==