Streptococcus pyogenes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 133:
 
== Tratamento ==
''S. pyogenes'' é moi sensible á [[penicilina]]. Nos pacientes alérxicos a esta pode usarse [[eritromicina]] ou unha [[cefalosporina]] oral, pero este tratamento adoita ser ineficaz contra infeccións mixtas con ''[[Staphylococcus aureus]]'', nas que o tratamento pode incluír [[oxacilina]] ou [[vancomicina]].<ref name=Murray/> A [[azitromicina]] e a [[claritromicina]] ([[macrólidos]]) non demostraron ser máis eficaces do que a [[eritromicina]] (outro [[macrólido]]).<ref name=Katzung>Chambers, Henry F.; Deck Daniel H. (2009) [Primeira edición: 1982]. «Capítulo 43: Lactámicos β y otros antibióticos activos en la pared y la membrana celulares». escrito en Estados Unidos. En Bertram G Katzung; Susan B Masters; Anthony J Trevor. Farmacología básica y clínica. Lange médical book (11a edición). México: McGraw-Hill-Lange. pp. 773-793. ISBN 978-607-15-0336-7. OCLC 699461359.</ref> En suxeitos con afectación grave dos tecidos brandos debe iniciarse a drenaxe cirúrxica.
 
O tratamento antibiótico dos pacientes con farinxite acelera a recuperación dos síntomas e prevén a febre reumática cando se instaura durante os primeiros 10 días do inicio da doenza. Non parece que o tratamento inhiba a progresión da glomerulonefrite aguda.<ref name=Katzung/><ref name=Murray/>