Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Marco normativo: exentos do IBI
Sen resumo de edición
Liña 312:
En [[1985]] a Lei 13/85, de 25 de xullo, do Patrimonio Histórico, no seu artigo 47.1 define: ''"Son bienes inmuebles de carácter etnográfico (...) aquellas edificaciones e instalaciones cuyo modelo constitutivo sea expresión de conocimientos adquiridos, arraigados y transmitidos consuetudinariamente y cuya factura se acomode, en su conjunto o parcialmente, a una clase, tipo o forma arquitectónicos utilizados tradicionalmente por las comunidades o grupos humanos"''. Edificios tan singulares como os hórreos quedan englobados nesta definición, como queda practicamente todo o edificado ligado á vida campesiña. Esta ambición protectora de dita lei descansa en delegar a obriga da conservación, no artigo 36: ''"Los bienes integrantes del patrimonio histórico español deberán ser conservados, mantenidos y custodiados por sus propietarios o, en su caso, por los titulares de derechos reales o por los posesores de tales bienes"''.<ref>[http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?id=BOE-A-1985-12534 Lei 13/85], do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico.</ref>
 
Un ano posterior é o Real Decreto 111/86, de 10 de xaneiro, do Patrimonio Histórico Español, que ven desenvolver parcialmente a antedita Lei 13/85. Non introduce maior novidade, sen achegar ferramentas de financiamento nin divulgación efectivas encamiñadas á conservación do patrimonio.<ref>[http://www.coag.es/normativa/archivos/310/310.pdf Real Decreto 111/86], do 10 de xaneiro, do Patrimonio Histórico Español.</ref> O mesmo camiño segue a súa modificación do ano [[2002]].<ref>[http://www.coag.es/normativa/archivos/312/312.pdf Real Decreto 162/2002], do 8 de febreiro, polo que se modifica o artigo 68 do Real Decreto 111/86, do 10 de xaneiro, do Patrimonio Histórico Español.</ref> Os hórreos e cabazos de Asturias e GalizaGalicia con máis de cen anos de antigüidade están exentos do pagamento do [[Imposto sobre Bens Inmobles]] (artigo 62).
 
Haberá que agardar un longo tempo tras a aprobación do [[Estatuto de Autonomía]] para que a administración galega decida regular a xestión do patrimonio histórico e artístico do país. A Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, no seu artigo segundo concédelle á administración galega ''"a competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural de interese de Galicia"'' e prevé de novo a creación dun Inventario Xeral de elementos de interese arqueolóxico, relixioso, arquitectónico e etnográfico, aínda sen comezar. Asemade define o patrimonio etnográfico como ''"os lugares e os bens mobles e inmobles así como as actividades e os coñecementos que constitúan formas relevantes ou expresión da cultura e modos de vida tradicionais e propios do pobo galego nos seus aspectos materiais e inmateriais"''. Esta amplitude definitoria engloba, de novo, a meirande parte do marco físico rural, sen achegar maior protección ao patrimonio cultural.