Diferenzas entre revisións de «Fervenza do Ézaro»

(coordenadas segundo Google Earth)
Respecto da fauna atopamos unha pequena variedade de mamíferos coma [[lebre]]s, [[coello]]s, [[Xabaril|xabarís]], mais hai que destacar a presenza da [[lontra]] ou o [[lobo]], de interese non só natural, senón tamén cultural. No encoro da Fervenza áchanse poboacións de aves de zonas húmidas coma [[Ave rapaz|rapaces]], [[parrulo]]s, [[garza]]s. Son tamén frecuentes aves coma os [[Moucho común|mouchos]] e as [[curuxa]]s. Dos [[anfibio]]s abondan unha gran variedade específica de [[ra]]s nomeadamente no encoro de Ponte Olveira. No río atopamos sobre todo [[troita]]s e [[Escalo (peixe)|escalo]]s.
 
O arredores da fervenza, o [[Monte Pindo]], e en xeral, a paisaxe de Dumbría, incluíuse coma [[Lugar de importancia comunitaria]] ([[Lugar de importancia comunitaria de Carnota - Monte Pindo|LIC Carnota-Monte Pindo]]), integrada na [[Rede Natura 2000]], e foi declarada en 2004 [[Zona de Especial Protección dos Valores Naturais]]. CoCon todo polo de agora carece dunha figura de protección xurídica, polo que moitas asociacións intentan que se declare ao Monte Pindo [[parque natural]]. En setembro de 2013 declarouse un [[incendio forestal]] de nivel 1 que leva calcinadas unhas 1.000 hectáreas<ref>http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/09/12/incendio-monte-pindo-quemado-1000-hectareas/00031378970517088514163.htm?idioma=galego</ref>.
 
== Aproveitamento da fervenza ==
21.448

edicións