Andy Warhol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 41:
Nesa época empezou a pintar os seus famosos debuxos da sopa Campbell e das botellas de [[Coca-Cola]], ós que consideraba tan iconas estadounidenses como [[Marilyn Monroe]], [[Troy Donahue]] ou [[Elizabeth Taylor]]. Tamén fundou o seu estudio ''[[The Factory]]'', por onde pasaron artistas, escritores, modelos, músicos e ''celebrities [[underground]]'' do momento. O taller, decorado con follas de papel de aluminio cor prata, estaba inicialmente na rúa 47. Despois, mudaríase a [[Broadway]]. A súa obra comezou a ser moi coñecida e desatou certas polémicas sobre o papel do artista e a finalidade da arte.
 
Desenvolveu unhas imaxes persoais a partir de obxectos completamente impersoais, como billetes de [[Dólar estadounidense|dólar]] ou novos produtos de moda. Utilizaba imaxes propias dos xornais, os carteis e a [[televisión]] para definir un [[olimpo]] particular, composto de símbolos da [[Cultura de Estados Unidos|cultura estadounidense]]: a [[cadeira eléctrica]], as fotografías de cargas policiais contra manifestantes polos [[dereitos civís]] ou os retratos de celebridades da época.<ref>''"Todos os meus retratos teñen que ter o mesmo tamaño para que encaixen todos xuntos e formen un gran cadro chamado 'Retratos de sociedade'. É unha boa idea. Non?. Se cadra o Metropolitan Museum quererao algún día".''; vid. artigo con motivo dunha exposición.[http://www.laopiniondemurcia.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009031800_12_157516__Cultura-y-Sociedad-mundo-Andy-Warhol]</ref> A botella de [[Coca-Cola]] converteuse, para el, nun tema pictórico. Sobre isto declarou:
 
{{cita|''O que é xenial deste país é que os Estados Unidos iniciaron unha tradición na que os consumidores máis ricos compran esencialmente as mesmas cosas que os máis pobres. Podes estar vendo a tele, ver un anuncio de Coca-Cola e sabes que o Presidente bebe Coca-Cola, Liz Taylor bebe Coca-Cola e pensas que ti tamén podes beber Coca-Cola. Unha cola é unha cola, e ningún diñeiro do mundo pode facer que encontres unha cola mellor que a que está a beber o mendigo da esquina. Tódalas colas son a mesma e tódalas colas son boas. Liz Taylor sábeo, o Presidente sábeo, o mendigo sábeo, e ti sábelo.''|Andy Warhol}}<ref>{{cita libro |nome=Andy |apelidos=Warhol |título=[[The Philosophy of Andy Warhol|The philosophy of Andy Warhol: from A to B and back again]] |editorial=Harcourt Brace Jovanovich |localización=San Diego |ano=1975 |páxina= |isbn=0-15-189050-1 |oclc=1121125}}</ref>