Canón do Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Edito segundo conversa
Liña 25:
O número de posibles itinerarios é enormemente amplo, se non case ilimitado. Dende Os Peares recoméndase percorre-la marxe esquerda do Sil, desviándose para toma-lo chamado Camiño da Barca, que leva por medio de densos bosques de [[castiñeiro]]s cara o [[mosteiro de Santo Estevo Ribas de Sil]]. Unha vez alí, é un momento ideal para encontrar os seus [[muíño]]s e baixar dende o mosteiro ata a marxe do Sil onde estaba o antigo embarcadoiro que o comunicaba con outros mosteiros da ''Rivoyra Sacrata''. Outra posibilidade é ir de [[Santo Estevo de Ribas de Sil, Nogueira de Ramuín|Santo Estevo]] a [[Paradela]], volvendo por [[Cerdeiriñas]], polo camiño coñecido como "carreiro da amargura".
 
O itinerario máis completo (22 km.) é o que une pola ribeira esquerdasur do Sil os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina. Este trazado unía antigamente Santo Estevo con [[Astorga]] e foi durante a [[Idade Media]] a principal liña de comunicación fluvial entre os mosteiros da "Rivoyra Sacrata", hoxe realizada polo [[catamarán]]. Este percorrido pasa por excelentes miradoiros naturais sobre o Canón do Sil, tales como os de Alberguería, Cerreda, Vilouxe e O Coutiño, ata chegar á pequena península cuberta de castiñeiros onde se encontra o [[mosteiro de Santa Cristina]].
 
==Notas==