Pé de hórreo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
O '''tornarratos''' (tamén chamado capa, capela, rateira, tolda, posta ou moa)<ref>Sinónimos dados pola [[RAG]]</ref> é unha pedra grande e plana, de formas diversas, que se coloca sobre o '''esteo''', formando o '''pé''' dos [[hórreo]]s. En [[Lingua asturiana|asturiano]] e [[Lingua castelá|castelán]] o tornarratos recibe o nome de ''muela'' e o esteo recibe o nome de ‘’pegollo’’. En [[Lingua inglesa|inglés]] ''staddle stone'' é o conxunto das dúas pezas.
Os esteos úsanse coma base dos [[celeiro (construción)|celeiros]], [[palleiro]]s, etc, erguéndoos do chan e protexendo o [[cereal|gran]] almacenado da humidade, dáse en moitas culturas arredor do mundo ([[palafito]]s). A función dos tornarratos é evitar que os [[rato]]s e outros animais poidan entrar nel<ref>Definición en Portal das palabras - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?palabra=tornarratos&sinom=0&homonimo= </ref>.
O termo inglés ''staddle'' ou ''stadle'' vén do [[inglés antigo]] ''stathel'', ''stathol'', que podería estar relacionado co galego esteo: alicerce, soporte, tranco dunha árbore.
 
Liña 12:
==Deseño==
Os pés dos hórreos teñen a miúdo dúas partes: o esteo e o tornarratos, que xuntos dan a aparencia de [[cogomelo]], por isto os ingleses chámanlle tamén ''mushroom stones'' (pedras fungo).
As diferentes zonas de espallamento do [[hórreo]] e dos [[Celeiro (construción)|celeiros]] elevados (Galiza, [[Norte de Portugal]], [[Asturias]], [[León]], [[Inglaterra]], etc) fan que existan diferentes deseños, que van dos máis primitivos aos máis formais. O esteo varía dende formas cilíndricas, rectangulares (os máis formais), a case triangulares (moitos en Inglaterra ou os de madeira do tipo asturiano). O máis común é o uso do granito, mais tamén atopamos pés feitos en [[cachotaría]] de xisto. Mentres o esteo pode ser de madeira, o tornarratos é sempre de pedra ([[xisto]], [[lousa]] ou [[granito]]) e tamén pode consistir nunha simple laxe horizontal, até artísticos traballos de cantaría nos hórreo máis evoluídos, semellantes as moas do muíño (de aí o nome de moa ou ''mó''). A parte superior do tornarratos soe ser plana porque nela apoian as [[trabe]]s.
 
Estas estruturas seguen a ser moi comúns en Galiza e Asturias, porén case desapareceron en zonas coma o [[País Vasco]] ou [[Inglaterra]]. No sur de Inglaterra foron estruturas moi comúns no [[século XVIII]]; os materiais usados dependían da dispoñibilidade local, coma ocorre nos hórreos galegos. Algúns destes [[celeiro]]sceleiros ingleses tiñan moitos esteos, como é o caso do celeiro de [[Reigate]], á beira dun [[muíño]]. <ref>Bryan, Anthony (2006). ''Francis Frith's Windmills & Watermills''. Pub. Frith Collection. ISBN 0-7537-1404-3. p. 91.</ref>
 
== Función ==
[[File:Piornedo Os Ancares Lugo (6).jpg|right|250px|thumb|[[Hórreo]] tipo asturiano (horro) en [[Piornedo]] (Lugo - Galiza), sostido por esteos con tornarratos. ]]
Os esteos rematan nos tornarratos, que son xeralmente arredondados, polo que fai case imposíbel aos [[roedor]]es rubir polos pés do celeiro e acadar o [[feo]] ou o [[cereal|gran]] almacenado na cámara superior.
O ar pode libremente circular a través dos costais da cámara (especialmente no canastro galego que funciona coma un verdadeiro secadoiro) facendo que o gran fique seco.<ref name="AA">''Book of the British Countryside''. Pub. London : Drive Publications, (1973). p. 213.</ref> Sobre os tornarratos apoia a ‘’lastra’’, un forxado formado normalmente por trabes de madeira. Nos hórreos ibéricos os esteos soen ir só nos extremos do edificio (sexa este de planta rectangular ou cadrada); porén os ingleses poden incluír esteos no medio, a xeito de ringleiras, chagando a atopar edificios con máis de dezaseis pés. A caixa dos hórreos, celeiros ou as medas de palla ([[palleiro]]s), erguíanse sobre este forxado.
Ademais dos celeiros nalgúns lugares de Inglaterra erguíanse [[alvariza]]s onde se colocaban as [[colmea]]s. A caixa ou cámara dos hórreos ingleses fabricábanse de madeira, pero tamén atopamos exemplos de armazóns de madeira con cerramentos de [[tixolo]]. En Galiza a cámara é de madeira, pedra, ambos materiais combinados, e incluso de [[vimbio]]s nos máis primitivos. As cubertas poden ser de lousa (lousados), tella (tellados) ou [[colmo]] (colmados).