Tertuliano: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición |
|||
Liña 6:
Os poucos datos acerca da súa vida proveñen dalgunhas referencias na súa obra e de autores posteriores, polo que están sometidos aínda a debate. Ao parecer, o seu pai era centurión, e Tertuliano recibiu unha esmerada educación en [[dereito]], [[filosofía]] e [[retórica]]. Educouse en Cartago, animado centro cultural. A súa intelixencia, aberta á verdade e á beleza exquisitamente [[dialéctica]], facilitáballe tanto ao exercicio da retórica unha espléndida [[erudición]] como o emprego dos recursos xurídicos máis refinados. A fusión de ambos elementos habería de permitirlle poñer un selo singular na [[literatura apoloxética]], que xa anteriormente tiña acadado un notable desenvolvemento na [[lingua grega]].
Nas súas obras atópanse algunhas testemuñas acerca das súas desviacións xuvenís: Tertuliano confesa ter sido pecador, asiduo de espectáculos inmorais e adúltero. Viviu un tempo en [[Roma]], onde probablemente exerceu como avogado, e se interesou polo [[cristianismo]], aínda que a súa conversión tivo lugar ao seu regreso a Cartago, ao redor do 190. A partir deste momento, despregou unha notable actividade polémica contra os [[pagán]]s e os [[herexe]]s e en defensa do cristianismo a través de numerosos escritos. Certas alusións do autor permiten crer nunha posible e intensa influencia nel da heroica serenidade dos cristiáns no martirio, unida ao que Tertuliano denomina o seu poder de [[exorcismo]]: os mártires son a simple verdade posta ante os ollos, a cal non se pode resistir. Contraeu matrimonio, e pediu á súa muller, nun texto dirixido a ela, que non celebrara segundas nupcias; isto supón xa un dos trazos da súa ideoloxía rigorosa. Tertuliano converteuse nunha figura destacada na [[Cristianismo|Igrexa]] do [[norte de África]], aínda que é dubidoso que chegara a ser ordenado sacerdote.
Cara ao 213 afastouse da Igrexa e aproximouse, atraído pola súa intransixencia e o seu rigor moral, á herexía dos apocalípticos de [[Montano]] ([[montanismo]]), que propugnaba un retorno á verdadeira fe. O seu austero ascetismo e a súa rixidez levoulle, incluso dentro da seita frixia, a establecer unha facción que sería chamada a dos tertulianistas, que perdurou como una igrexa independente ata o [[século V]]. Non cabe pensar que Tertuliano volvería á Igrexa, opinión insinuada por algúns. Segundo [[Xerome de Estridón]], faleceu moi vello (en torno ao ano 240), e foi "exemplo famoso, na Antigüidade cristiá, da dolorosa caída á cal se atopan expostas algunhas intelixencias ilustres".
|