Museo Municipal Quiñones de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 64:
Logo de se xubilar Ilarri, e a aprobación do regulamento en 1981, comeza unha nova xeira para o museo que chega até a actualidade. Pasan pola dirección Bernardo Vázquez Gil, actual cronista oficial da cidade; José Francisco Armesto Faginas; José Manuel Hidalgo Cuñarro; e actualmente José Ballesta de Diego.
 
Con cada corporación os padroados renóvanse, e entre os seus membros destacarán artistas e especialistas como o académico [[Francisco Pablos]] ou os pintores [[Antonio Quesada Porto]], [[Antón Abreu]], [[Xavier Pousa]]; o escultor Pedro Dobao. Grazas ao seu tesón a colección de arte galego continúa aumentando e abríndose cara a outros períodos e artistas até o punto de ser tan abundante que deben xestionarse os depósitos en terceiras institucións como a [[Universidade de Vigo]] ou a Fundación Provigo.
 
Tamén nesta época se emprende a segunda gran reforma do pazo-museo, dirixida polo arquitecto Luís Filipe Comesaña, que supón, entre outras cousas, a habilitación das torres como salas de exposicións e o aproveitamento de espazos antes inútiles.