Mamíferos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Retiro a árbore filoxenética da vida, non ten sentido falando só de mamíferos
Liña 157:
Ao longo do [[Pérmico]], os sinápsidos eran principalmente carnívoros mais con un varios herbívoros relevantes. No período do [[Triásico]] un grupo anterioremente non dos principais, os [[arcosauro]], convertéronse nos vertebrados dominantes. Os [[Mamaliaformes|mamaliaformes]] apareceron durante este período; cun olfato moi sensible e cun cerebro máis desenvolto, introducíronse en nichos nocturos e grazas a isto expuxéronse menos a predación de arcosauros. O estilo de vida nocturno puido ter contribuído a trazos característicos principais dos mamíferos como seren [[Endotermia|endotérmicos]] e ter pelo. Mais adiante no Mesozoico, despois de que os dinosaurios [[Theropoda|terópodos]] desprazaran aos [[rauisuchia]]nos como os carnívors dominantes, os mamíferos conquistaron novos nichos. Como caso disto, algúns fixéronse [[Castorocauda|actuáticos]], algúns [[Volaticotherium|voadores]] e incluso outros chegaron a se alimentar de dinosaurios xuvenís.
 
A maior parte das mostras da evolución dos mamíferos básase en xacementos de [[fósil]]es. Ainda que as gándulas mamais son unha característica fundamental dos mamíferos modernos, pouco se sabe acerca da evolución da [[Seo (anatomía)#Lactancia|lactancia]]. Isto débese a que sendo un tecido brando non se conserva no rexístro fósil. Moita da evolución dos mamíferos céntrase, pola contra, na forma dos dentes e nas partes máis duras do corpo de tetrápodos.
 
==Notas==