Lingua dari: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
| mapa = [[Ficheiro:]].
}}
O '''darí''' (en ''darí'' ''' دری''', pronunciado '''/dæˈɾi/''') é unha variedade estrutural do [[lingua persa|persa]] establecida como lingua oficial coa súa propia norma en [[Afganistán]] xunto co [[lingua paxtúa|paxtún]].
== Orixe ==
A orixe do nome está na diferenciación entra a lingua persa que falaban as tribos persas e as tribos partas e bactrianas do norte de Irán que a partir do século VII adoptaron o persa pero mantendo un importante substrato parto. A marcha da corte sasánida de Fars para Ctesiphon fixo que a variedade do norte fora a lingua falada na corte, que se empezou a chamar ''dari'' (corte en persa) para distinguila da lingua de Fars (farsi)<ref>{{cita web|apelidos=Frye|nome=Richard N.|título=History of the Persian Language in the East (Central Asia)|url=http://www.richardfrye.org/files/History_of_the_Persian_Language_in_the_East.pdf|dataacceso=8 de setembro de 2013}}</ref>pero a lingua escrita seguiu a ser o persa medio ata a súa substitución polo [[lingua árabe|árabe]] no [[742]] e así os exércitos que levaron o [[islam]] máis alá do Amu Daria utilizaban como lingua franca esta variedade do persa e foi a que parte da poboación orixinaria do que actualmente é Afganistán acabou adoptando como lingua de uso común.
 
Tamén é coñecido coma ''persa darí'' (en ''darí'' '''فارسی دری''', pronunciado '''/fɒːɾsije dæˈɾi/''') ou ''persa afgano'' e por causa do seu illamento conta con menos influencia do árabe . É a principal lingua do país, falada polo 60% da poboación (se xuntamos o [[lingua aimaq|aimaq]], o [[lingua hazaraguí|hazaraguí]] e o propio darí) principalmente no sur e centro do país, e preto de [[Kabul]]. É a principal lingua de comunicación dos pobos [[taxico]], hazara e aimaq. A lingua serve á súa vez coma medio de comunicación entre diferentes pobos do Afganistán.
 
A sintaxe '''darí''' non o defire moito do [[Lingua persa|persa]], aínda que o acento forte sexa menos expresivo no persa afgán do que no persa iraniano. Moitos lingüistas (incluídos lingüistas iranianos) consideran o '''darí''' como unha lingua ou un dialecto á parte; eles considérano a lingua [[escrita]] e chaman persa ou, mellor dito, persa afgano á lingua falada. Hoxe en día é a ''[[Academia Afgá das Ciencias]]'' a encargada da fixación do ''darí''.
 
O darí conta con varios dialectos: o heratí, o parsiwan, o khorasaní, o aimaq, o harzaraguí, o taxiquí e o cabolí que é o dialecto de prestixio. A principal diferenza do aimaq e o hazaraguí é que contan con moito vocabulario das linguas túrquicas e mongois, e o cabolí e o taxiquí están moitísimo máis próximos ao taxico que ao darí.