Lingua persa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
m Sernostri moveu a páxina "Lingua iraniana" a "Lingua persa" sobre unha redirección: iraniano é unha parte do persa pero non todo persa é iraniano
Sernostri (conversa | contribucións)
parágrafo sen sentido: Fars (ou Pars na súa forma antiga) é a orixe da lingua persa
Liña 36:
É falada por máis de 60 millóns de persoas no Irán.
En canto ao persa falado en Irán é coñecido como iraniano ou ''fārsī'' (sempre ''persa'', en [[Lingua galega|galego]]), a '''variedade do persa medio''' falada en Afganistán é denominado ''[[Lingua darí|darí]]''. Actualmente, o persa e o darí son escritos nunha variante do [[alfabeto árabe]]. E a '''variedade do persa medio''' falada Taxiquistán, é o [[Lingua taxica|taxico]], e é escrito en [[alfabeto cirílico]].
 
Non se debe confundir ''parsí'' con ''farsí'', nin chamar ''parsí'' ao persa (''farsí''), xa que o termo ''parsí'' (persa en galego) úsase para designar a unha lingua irania diferente falada nos arredores da provincia de Fars; o ''farsí'' (persa) é unha lingua irania occidental setentrional, mentres que o ''parsí'' (persa) é unha lingua irania occidental meridional central.
 
A pesar de utilizar unha forma do alfabeto árabe, o persa é unha lingua completamente diferente do [[Lingua árabe|árabe]], con [[gramática]] e [[fonoloxía]] completamente diversas. O persa é unha lingua do tipo "[[Suxeito (gramática)|suxeito]]-[[Obxecto (gramática)|obxecto]]-[[verbo]]". O persa é unha lingua indoeuropea e o árabe é unha lingua camito-semita.