Juan Bautista Celma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
retiro marcador
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 9:
Non se sabe se cumpriu o encargo ou non, pero o proxecto dos púlpitos quedou paralizado. Celma marchou a [[Oviedo]] para rematar outros traballos que tiña empezados e regresou a Galicia en [[1568]] para establecerse definitivamente en Santiago, o que non impediu que fose traballar ocasionalmente a outras cidades galegas e españolas, como Ourense.
 
Na Catedral de Santiago, onde traballou durante máis de 30 anos seguidos, unha das súas primeiras actuacións (1569) foi unha serie de cinco grandes táboas que pechaban os espazos entre as columnas da capela maior. Estaban pintadas polas dúas caras para ser contempladas desde a capela e desde o [[deambulatorio]] e representaban, na cara do altar, escenas da vida e pasión de [[Cristo]], e, na cara do deambulatorio, os misterios gloriosos do [[rosario (cristianismo)|Rosario]]. Hoxe só se conserva parte dunha delas no [[Museo Catedralicio de Santiago de Compostela|Museo da Catedral]], no que se ve un fragmento da [[Resurrección]], por unha cara, e da [[Epifanía]], pola outra. Outra obra súa son as pinturas murais da bóveda e paramentos da capela da Azucena, que representan a ''Exaltación de San Pedro'' e a ''Conversión de San Paulo''.
 
Tamén son obra súa os sepulcros do cardeal Xoán Martínez Ternero (1581) e de Mencía de Andrade (1582), conservados nas capelas da Catedral de Santo André e da Azucena respectivamente; e o do arcebispo Xoán Vidal nas escaleiras da Azabachería.
 
Así mesmo é de Celma o busto do papa [[Clemente I, papa|San Clemente]], tamén en bronce, que a Catedral expón na capela das Reliquias.
[[Ficheiro:Santiago, Catedral 08-01a.JPG|miniatura|250px|Mecanismo do Botafumeiro]]
En [[1604]] deseñou e dirixiu a construción da estrutura metálica que soporta as poleas que permiten o movemento pendular do [[Botafumeiro]], por encargo do arcebispo [[Juan de Sanclemente]]
 
Tamén é de Celma un Cristo crucificado en madeira, hoxe no [[Museo Catedralicio de Santiago de Compostela|Museo da Catedral]].
 
Entre as obras de Celma noutras localidades galegas cómpre citar as reixas da [[Catedral de Ourense]] forxadas en 1589 (fixo as da capela maior, do Rosario, da Virxe das Neves e do Santo Cristo, ademais das do coro) e os púlpitos desta mesma catedral (1589), que fixo por encargo do arcebispo Sanclemente como regalo á súa antiga diocese. Son semellantes ós de Compostela pero máis sinxelos e construídos en ferro. Como escultor en madeira tallou diversos retablos, dos que só se conserva o da igrexa de [[Santa Cruz de Ribadulla, Vedra|Santa Cruz de Ribadulla]] (Vedra) (1576) así como un Cristo da igrexa do [[Colexio de Fonseca]], hoxe no Museo da catedral. Tamén pintou o retablo maior do Santuario da Virxe dos Remedios de [[Vilamaior do Val, Verín|Vilamaior do Val]] (en Verín) e consérvase unha táboa sobra a lamentación de Cristo morto, na sancristía do [[As Orfas|colexio das Orfas]] (Santiago).
Liña 33 ⟶ 35:
Nos dous casos o pé está formado por tres torsos humanos soldados, a modo de [[telamón|atlantes]], coas pernas substituídas por follas de [[acanto]]. Coas cabezas sosteñen un capitel e, sobre este, as bases dos púlpitos, decorada a maior con seis [[harpía]]s, no caso do púlpito do lado do Evanxeo, e seis [[tritón (mitoloxía)|tritóns]], no do lado da Epístola. Na basa grande consta a autoría:
{{cita|"''Joannes Bautista Celma aragonensis pictor, anno Domini MDLXXXIII Compostellae faciebat''"}}
Sobre a basa hai un zócolo hexagonal con seis escenas da vida do [[Santiago o Maior|Apóstolo]] separadas por resaltes coas imaxes dos doce [[apóstolo]]s, seis en cada púlpito, obra do prateiro compostelán Duarte de Cedeira. Os relevos do púlpito do lado do Evanxeo reproducen os da [[custodia]] do orfebre castelán [[Antonio de Arfe]]; os do púlpito do lado da Epístola son propios de Celma. Finalmente, érguese a balaustrada.
 
==Notas==