García II de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Modificado: fr:García II de Galice
Sen resumo de edición
Liña 4:
Fillo de [[Fernando I]], herdou o [[Reino de Galiza]], o [[condado de Portugal]] e a protección e ''[[paria]]s'' de [[Badaxoz]] e [[Sevilla]]. Educouse desde [[1053]] co bispo [[Cresconio]] de [[Compostela]].
 
Tanto en Galiza como no condado de Portugal o rei tiña que contar cunha forza política moi grande dos nobres e sobre todo dos bispos, en quen García I quixo fundamentar o seu goberno. No seu reino tiñan as sedes de [[Lugo]], Compostela ou [[Iria]], moi forte polas peregrinacións á tumba do [[Apóstolo Santiago]], máis as de [[Mondoñedo]], [[Porto]] e [[Ourense]]. García I restableceu as de [[Braga]] e [[Tui]], así como as de [[Lamego]] e [[Viseu]], que foron absorbidas axiña pola de [[Coimbra]]. Favoreceu ao mosteiro de San Antoíño de [[Toques]]
 
Pero García I apenas tivo tempo de gobernar. A morte do bispo de Compostela Cresconio veu alterar a estabilidade da vida política galega á que contribuíra o defunto durante os trinta anos de mandato episcopal. O seu herdeiro foi asasinado o ano seguinte e García tivo dificultades cos nobres portugueses, e con algúns deles tivo que loitar ate derrotalos en [[Pedrosa]], ao norte de Braga, e ás familias que non lle deron o seu apoio privounas dos seus bens.