Mármore: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Elisardojm (conversa | contribucións)
arrr
Liña 5:
O '''mármore''' é un tipo de [[rocha]] compacta formada a partir de rochas [[calcaria]]s que, sometidas a elevadas [[temperatura]]s e presións, acadan un alto grao de [[cristalización]]. O compoñente básico do mármore é o [[carbonato cálcico]], cuxo contido supera o 90%; os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan a grande variedade de cores nos mármores, e definen as súas características físicas. Tras un proceso de pulido por [[abrasión]] o mármore acada un alto nivel de brillo natural, é dicir sen ceras nin compoñentes químicos. O mármore emprégase principalmente na [[construción]], [[decoración]] e [[escultura]]. Ás veces é [[translúcido]], ou de diferentes cores, entre as que son máis frecuentes atópanse o branco, o marrón, o vermello, o verde, o negro, o gris, o azul e o amarelo. Tamén pode presentar unha coloración uniforme, xaspeada (a salpicaduras), veteada (tramado de liñas) e diversas configuracións ou mesturas entre elas.
 
[[Ficheiro:Marmolería_en_Lugo.JPG|miniatura|170px|esquerda|Marmorería en [[Lugo].]]]
 
* Con frecuencia outros minerais aparecen xunto á [[calcita]] formando o mármore, como o [[grafito]], a [[clorita]], o [[talco]], a [[mica]], o [[cuarzo]], a [[pirita]] e algunhas pedras preciosas como o [[corindón]], o [[granate]], a [[zirconita]], etc.