Cordados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 33:
# Notocorda: eixe semirríxido de sostemento que se sitúa dorsalmente, por riba do [[tubo dixestivo]]. Está formada por células vacuolizadas que dan certa rixidez ao corpo, e está recuberta dunha vaíña fibrosa. Esténdese ao longo de todo o corpo, e nalgúns grupos persiste durante toda a vida, mentres que na maioría dos [[craniados]] é substituída durante o desenvolvemento pola [[columna vertebral]] (vertebrados).
# Cordón nervioso oco, tubular e dorsal ([[tubo neural]], por riba do tubo dixestivo ([[epineuros]]). A partir do extremo anterior deste cordón, desenvólvese, nos animais máis complexos, o [[encéfalo]] e a [[medula espiñal]]. Este cordón oco fórmase no embrión pola invaxinación de células ectodérmicas da zona dorsal do corpo, sobre a notocorda. Nos vertebrados, o cordón nervioso está protexido polos [[arco neural|arcos neurais]] das vértebras; o cerebro está rodeado por un cranio óseo ou cartilaxinoso.
# [[FaringotremasFaringotremia]], nalgunha etapa do desenvolvemento, presentan [[arco farínxeo|sacos]] ou fendeduras ao longo da farinxe. As fendeduras farínxeas comunican a cavidade farínxea co exterior, e se forman por invaxinación do ectoderma (sucos farínxeos) e por evaxinación do endoderma (sacos farínxeos) que limitan a farinxe. Ambos os dous únense cando se constitúen as fendeduras branquiais nos vertebrados acuáticos: peixes e [[larva]]s de [[anfibios]]. Nos [[amniotas]] nunca chegan a abrirse, e dan lugar a outras estruturas. Ademais das [[branquia]]s, as fendeduras farínxeas forman nos vertebrados distintas glándulas: o [[timo]] e as [[amígdalas]]. Tamén dan lugar a estruturas como a [[trompa de Eustaquio]] ou a cavidade do [[oído medio]]. Nos protocordados, a farinxe perforada xurdiu como un sistema de alimentación por filtración.
# [[Endóstilo]], en ([[urocordados]] e [[cefalocordados]]), ou o seu homólogo ([[glándula tiroide]]), en [[Vertebrata|vertebrados]].
# Cola ou rabo postanal nalgunha parte do desenvolvemento.