Jacques Derrida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*equivocadamente -> equivocamente
*substraído -> subtraído
Liña 24:
 
=== Natureza ===
Rousseau argumenta nun momento que a soa voz da natureza debería ser escoitada. Esta natureza é idéntica a si mesma, unha plenitude á cal nada pode ser engadido ou substraídosubtraído. Pero el tamén chama a nosa atención sobre o feito de que a natureza en verdade está algunhas veces carenciada. A carencia non chega a ser vista como común na natureza, se esa non é unha das súas máis significativas características. Deste modo, Derrida amosa, de acordo a Rousseau, que a natureza autosuficiente tamén está desprovista. A falta, en realidade, pon en perigo a autosuficiencia da natureza, isto é a súa identidade ou, como Derrida prefire, a súa autopresenza. A autosuficiencia da natureza pode ser mantida soamente se a carencia é suplida. Porén, en resgardo da lóxica de identidade se a natureza require un elemento supletorio tampouco pode ser autosuficiente (idéntica consigo mesma), porque autosuficiencia e necesidade son opostos: unha ou outra poden ser as bases dunha identidade pero non ambas, para que a contradición sexa evitada. Este exemplo non é ningunha excepción. A impureza desta identidade, ou o debilitamento da súa autopresenza, é un feito ineludible.
 
Pero, máis amplamente, cada orixe aparentemente simple ten, como a súa íntima condición de posibilidade, un non-orixe. Os seres humanos requiren a mediación da consciencia, ou o espello da linguaxe, para coñecerse a si mesmos e ao mundo; pero esta mediación ou espello (estas impurezas) ten que estar excluída do proceso de coñecemento; fai posible o coñecemento, aínda que non está incluída no proceso de coñecemento. Ou, se o están, como na filosofía dos [[Fenomenoloxía|fenomenólogos]], elas mesmas (consciencia, subxectividade, linguaxe) deveñen equivalentes a unha sorte de presencia autoidéntica.