Diferenzas entre revisións de «Escola alemá de esgrima»

sen resumo de edición
 
==Disciplinas==
[[Ficheiro:MS 44 A 8 1v.jpg|miniatura|Á esquerda tirador na posición coñecida como ''pflug'' mentres o da dereita está na posición coñecida como ''ochs''. Folla 1 do [[Cod. 44 A 8]] (1452)]]
Johannes Liechtenauer baseou o seu sistema de esgrima no uso da [[espada longa]] que requería as dúas mans, usándoa para exemplificar varios principios xerais que tamén se aplicaban a outras disciplinas dentro da tradición. Ensinábase tamén a loita corpo a corpo (''Ringen''), así como a loita co [[messer]] e co caxato. Tamén formaban parte da formación a [[daga]] ''Degen'' (especialmente a [[daga rondel]]) e as [[arma de hasta|armas hastadas]]. Outras dúas disciplinas ademais da ''Blossfechten'' tiñan que ver coa espada: esgrima con espada utilizando unha soa man e con [[broquel]] (ou un longo escudo no caso de [[combate xudicial|combates xudiciais]] dacordo coa [[Schwabenspiegel|lei suaba]]), e a loita con armadura (''Harnischfechten''), reservada só á nobreza.
[[Ficheiro:MS 44 A 8 2r.jpg|thumb|Na folla 2. á esquerda o tirador está na posición coñecida como ''vom tag'' e o da dereita na ''alber'']]
879

edicións