Diferenzas entre revisións de «Escola alemá de esgrima»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Ms i33 5r detail.jpg|miniatura|Imaxe dun combate procedente do manuscrito coñecido como Royal Armouries Ms. I.33]] primeiro documento que amosa técnicas de esgrima alemás é o coñecido como [[Royal Armouries Ms. I.33]], escrito arredor de 1300. Pero foron as técnicas e ensinanzas de Johannes Liechtenauer as que conformaron o inicio do que se coñece como a escola alemá, deixando un bo número de discípulos que espallaron os seus métodos polo mundo xermánico, recolléndoas tamén por escrito en varios manuscritos, o máis antigo é o Ms. [[3227a]] de 1389 que menciona tamén varios mestres que seguían as técnicas de Liechtenauer: Hanko Döbringer, [[Andres Jud]], Jost von der Nyssen e Niklaus Preuss. Outros famosos discípulos foron [[Peter von Danzig (esgrimista)|Peter von Danzig]], [[Sigmund Ringeck]] e [[Paulus Kal]]. No século XV xurdiu a [[Irmandade de San Marcos]] (Marxbrüder) que gozou dun monopolio case absoluto do ensino da esgrima no espazo xermano entre 1487 ata 1570 <ref>Karl Friedrich Wilhelm Wander (Hrsg.): ''Deutsches Sprichwörter-Lexikon'', Band 3. Leipzig 1873, Sp. 476</ref>, salientando a fins do século XV mestres como [[Johannes Lecküchner]], [[Hans von Speyer]], [[Peter Falkner]] e [[Hans Folz]]. No século XVI a tradición converteuse máis nun exercicio deportivo e menos nunha arte marcial designada para duelos xudiciais ou para a guerra, aínda así seguiu a utilizarse para a autodefensa e non chegou a converterse completamente nun combate deportivo, sería máis tarde a fins do século XVIII canda a utilización do termo 'Versportlichung' que describe esa mudanza dun sistema de combate para un sistema de artes marciais deportivas, caracterizado pola utilización de [[espada pequena|espadas pequenas]].<ref>[http://www.skg-im.net/Wir_lernen_Fechten.pdf Wir lernen Fechten]. skg-im.net</ref>
 
A mediados do século XVI realizáronse as primeiras tentativas de preservación e reconstrución do que viña sendo a escola alemá, en especial grazas aos esforzos de [[Paulus Hector Mair]]. A fundación do ''[[Federfechter]]'' en [[Viena]] en 1570 insírese neste último período. A fase final da tradición vai do século XVI a principios do XVII, con mestres como [[Joachim Meyer]] e [[Jakob Sutor]]. No século XVII a esgrima con [[estoque]] da [[escola italiana de esgrima|escola italiana]] convértese no referente, con figuras como [[Salvator Fabris]]', e a tradición alemá decaeu, considerándose algo vello e sen refinamento entre a nobreza da época barroca, e lentamente quedou arredada das escolas de esgrima da nobreza. O estoque tiña a avantaxe que se adaptaba ben á moda de vestir do seu tempo, mentres que as espadas longas eran grandes de máis para andar con elas e como constatou Jean Daniel L'Ange en "Deutliche und gründliche Erklärung der adelichen und ritterlichen freyen Fecht-Kunst" (1664) é máis fácil matar un home armado cunha pistola cá cun estoque a cortas distancias utilizando unha boa técnica que facelo cunha espada longa antes que o adversario faga o primeiro tiro.<ref>[http://digital.ub.uni-duesseldorf.de/urn/urn:nbn:de:hbz:061:1-16895 Deutliche und gründliche Erklä – Titel – Digitale Sammlungen]. Digital.ub.uni-duesseldorf.de. RetrievedConsultado ono 20132-029-092013.</ref> Non obstante, fóra da nobreza a escola alemá aínda seguía a ter certo predicamento, o derradeiro mestre coñecido en seguir a tradición alemá foi Theodori Verolini<ref>[http://wiktenauer.com/wiki/Theodori_Verolini Theodori Verolini – Wiktenauer, the world's largest collection of HEMA resources]. Wiktenauer.com (2013-02-02). RetrievedConsultado ono 20132-029-092013.</ref> que en 1679 publicou o libro ''Der Kůnstliche Fechter'' baseado no de Joachim Meyers.
 
Tamén hai pinturas de mediados do XVIII<ref>[http://fechtschule.files.wordpress.com/2010/03/image_2.jpg JPG image]. files.wordpress.com</ref> nas que se ve a tiradores usando longas espadas da época en escolas Marxbrüder e Federfechter, pero non hai certeza se son anacronismos ou esgrimistas da época que aínda seguían a tradición de Liechtenauer.<ref>[http://fencingclassics.wordpress.com/2010/01/22/fechtschule-germany-18th-ct/ Fechtschule; Germany, 18th ct. | The Secret History of the Sword]. Fencingclassics.wordpress.com (2010-01-22). RetrievedConsultado ono 20132-029-092013.</ref> En 1726, Gottfired Rudolf Pommer auf Bugenhagen menciona na súa obra "Sammlung von Merktwurdigkeiten"<ref>[https://www.phf.uni-rostock.de/institut/igerman/forschung/litkritik/litkritik/start.htm?/institut/igerman/forschung/litkritik/litkritik/Kritiker/AbKaestner.htm Projekt Literaturkritik]. Phf.uni-rostock.de. RetrievedConsultado ono 20132-029-092013.</ref> o uso de espadas longas no seu tempo en escolas Marxbrüder e Federfechter. Pero tamén é certo que moitos esgrimistas do XVIII vían as espadas longas como unha curiosidade e é probable que só se ensinase nunhas poucas escolas Marxbrüder e Federfechter e nalgunha escola teatral.<ref>Heidemarie Bodemer (2008) [http://elib.uni-stuttgart.de/opus/volltexte/2008/3604/pdf/Fechtbuch.pdf as Fechtbuch]. Thesis. Institut für Kunstgeschichte. uni-stuttgart.de</ref><ref>[http://talhoffer.wordpress.com/2012/04/19/1745-a-fechtschul-of-the-marxbruder-in-frankfurt/ 1745 a Fechtschul of the Marxbrüder in Frankfurt « Hans Talhoffer]. Talhoffer.wordpress.com. RetrievedConsultado ono 20132-029-092013.</ref> Os últimos tiradores de espada longa deberon desaparecer coa disolución do Marxbrüder e Federfechter a fins do XVIII e principios do XIX.<ref>Alexander Kiermayer. [http://www.schwertkampf-ochs.de/Essays/Referat_Geschichte.pdf Geschichte deutschen Fechtkunst bis 1900]. schwertkampf-ochs.de</ref><ref>[http://www.stahlaufstahl.de/wr/index.php/cc-geschichte/ca-fechtmeister-und-quellen/caa-die-marxbruder/marxbruder-und-federfechter/ Marxbrüder und Federfechter « Stahl auf Stahl » Schwertkampf und Ringen]. Stahlaufstahl.de (2013-02-05). RetrievedConsultado ono 20132-029-092013.</ref>
 
==Difusión==
 
A escola alemá practicouse ao longo de todo o Sacro Imperio Xermánico, pero tamén tivo difusión fóra; o mestre italiano Fiore di Liberi fai mención ao seu mestre alemán que fora estudante de Nicholai de Toblem."<ref>[http://www.ejmas.com/jwma/articles/2008/jwmaart_cvet_0908.htm Journal of Western Martial Art]. Ejmas.com. RetrievedConsultado ono 20132-029-092013.</ref> Sábese que en [[Francia]], [[España]] e [[Inglaterra]] houbo mestres alemáns que ensinaron a súa arte.<ref>{{cite book|título=Schematismus für das Königreich Böheim |url=http://books.google.com/books?id=EbAAAAAAcAAJ&pg=PA265 |year=1789 |publisher=Schönfeld-Meißnerische Buchh. |pages=265–}}</ref> Mesmo Karl Ludwig Blum comenta que houbo mestres que deron leccións á nobreza no [[Gran Ducado de Moscova]].<ref>[http://books.google.ch/books?id=EpVKAAAAcAAJ&pg=PA38&dq=russischer+fechtmeister&hl=de&sa=X&ei=X39IUZjxJvOy7AaDl4GgDQ&ved=0CC4Q6AEwAA#v=onepage&q=russischer%20fechtmeister&f=false Karl Ludwig Blum ''Ein russischer Staatsmann: Des Grafen Jakob Johann Sievers Denkwürdigkeiten zur Geschichte Rußlands'', Band 1 ] </ref> Karl Wassmannsdorff escribiu que a escola alemá era moi popular en Europa, e mesmo en 1614 moitos mestres de armas baseaban os seus estilos de loita nesa tradición (por exemplo Joachim Meyer baseou o seu estilo de estoque nos principios de Lichtenauers), que estaba considerada a máis efectiva e eficiente.<ref>[http://gdz.sub.uni-goettingen.de/dms/load/img/?PPN=PPN575033789&IDDOC=323474 ''Aufschlüsse über Fechthandschriften und gedruckte Fechtbücher des 16. und 17. Jahrhunderts''] </ref><ref>[http://reader.digitale-sammlungen.de/resolve/display/bsb10481803.html Friedrich Wilhelm Karl ''Sechs Fechtschulen (d. i. Schau- und Preisfechten) der Marxbrüder und Federfechter aus den Jahren 1573 bis 1614''] </ref>
 
==Disciplinas==
 
A disciplina principal era a ''Blossfechten'', a loita sen armadura utilizando unha espada longa. O sistema baseábase en cinco golpes denominados ''Meisterhäue'' (golpes do mestre) que eran golpes clave que tiñan como función manter a iniciativa ou romper a garda do opoñente, doce 'pezas mestras' ("hauptstücke") que categorizan os principais compoñentes da arte, e cinco palabras (''fünf Wörter'') relacionadas con conceptos de sincronización e avantaxe estratéxica:'antes', 'despois', 'feble', 'forte' e ''mentres'' que son o alicerce e centro de todo combate, a pé ou de a cabalo, con ou sen armadura.
Os termos 'antes' (vor) mais 'despois' (nach) corresponden a accións ofensivas e defensivas. Así vor, un dita as accións do seu opoñente e así leva o control pola contra en nach, un responde ás decisións realizadas polo seu opoñente. Co sistema de Liechtenauer un combatente ha sempre procurar levar o control da loita, isto é estar en vor. Os termos 'forte' (stark) e 'feble' (swach) están en relación coa cantidade de forza que se aplica na bater das espadas. Aquí precísase contrarrestar a acción do opoñente cunha reacción complementaria; a fortaleza contrarréstase coa febleza e a febleza con fortaleza. 'mentres' (inde) refírese ao tempo que precisa o opoñente para realizar unha acción. No intre do contacto coa folla do opñente, un tirador experimentado usa o 'sentimento' (fühlen) para sentir inmediatamente a presión do opoñente para saber se ha utilizar a forza ou a febleza contral el e entón atacará usando o "vor" ou permanecerá á espera ata que o seu opoñente actúa, dependendo do que sinte que é máis acertado. Cando o seu opoñente comeza a actuar, o tirador actúa "indes" (mentres) e volve ao "vor" antes que o seu opoñente remate a acción.<ref name =glossary>[http://www.higginssword.org/guild/study/glossary/fechtkunst_glossary.pdf Abnemen]. Higginssword.org. RetrievedConsultado ono 20132-029-092013.</ref>
 
== Notas ==
879

edicións