Diferenzas entre revisións de «Escola alemá de esgrima»

sen resumo de edición
 
==Disciplinas==
[[Ficheiro:MS 44 A 8 1v.jpg|miniatura|Á esquerda tirador na posición coñecida como''pflug'' mentres o da dereita está na posición coñecida como ''ochs''. Folla 1 do [[Cod. 44 A 8]] (1452)]]
 
Johannes Liechtenauer baseou o seu sistema de esgrima no uso da [[espada longa]] que requería as dúas mans, usándoa para exemplificar varios principios xerais que tamén se aplicaban a outras disciplinas dentro da tradición. Ensinábase tamén a loita corpo a corpo (''Ringen''), así como a loita co [[messer]] e co caxato. Tamén formaban parte da formación a [[daga]] ''Degen'' (especialmente a [[daga rondel]]) e as [[arma de hasta|armas hastadas]]. Outras dúas disciplinas ademais da ''Blossfechten'' tiñan que ver coa espada: esgrima con espada utilizando unha soa man e con [[broquel]] (ou un longo escudo no caso de [[combate xudicial|combates xudiciais]] dacordo coa [[Schwabenspiegel|lei suaba]]), e a loita con armadura (''Harnischfechten''), reservada só á nobreza.
[[Ficheiro:MS 44 A 8 2r.jpg|thumb|folNa folla 2. 2r,á showingesquerda o tirador está na posición coñecida como ''vom tag'' ande o da dereita na ''alber'']]
 
 
[[Ficheiro:MS 44 A 8 1v.jpg|thumb|''pflug'' and ''ochs'', as shown on fol. 1r of [[Cod. 44 A 8]] (1452)]]
 
[[Ficheiro:MS 44 A 8 2r.jpg|thumb|fol. 2r, showing ''vom tag'' and ''alber'']]
 
A disciplina principal era a ''Blossfechten'', a loita sen armadura utilizando unha espada longa. O sistema baseábase en cinco golpes denominados ''Meisterhäue'' (golpes do mestre) que eran golpes clave que tiñan como función manter a iniciativa ou romper a garda do opoñente, doce 'pezas mestras' ("hauptstücke") que categorizan os principais compoñentes da arte, e cinco palabras (''fünf Wörter'') relacionadas con conceptos de sincronización e avantaxe estratéxica:'antes', 'despois', 'feble', 'forte' e ''mentres'' que son o alicerce e centro de todo combate, a pé ou de a cabalo, con ou sen armadura.
 
Os termos 'antes' (vor) mais 'despois' (nach) corresponden a accións ofensivas e defensivas. Así vor, un dita as accións do seu opoñente e así leva o control pola contra en nach, un responde ás decisións realizadas polo seu opoñente. Co sistema de Liechtenauer un combatente ha sempre procurar levar o control da loita, isto é estar en vor. Os termos 'forte' (stark) e 'feble' (swach) están en relación coa cantidade de forza que se aplica na bater das espadas. Aquí precísase contrarrestar a acción do opoñente cunha reacción complementaria; a fortaleza contrarréstase coa febleza e a febleza con fortaleza. 'mentres' (inde) refírese ao tempo que precisa o opoñente para realizar unha acción. No intre do contacto coa folla do opñente, un tirador experimentado usa o 'sentimento' (fühlen) para sentir inmediatamente a presión do opoñente para saber se ha utilizar a forza ou a febleza contral el e entón atacará usando o "vor" ou permanecerá á espera ata que o seu opoñente actúa, dependendo do que sinte que é máis acertado. Cando o seu opoñente comeza a actuar, o tirador actúa "indes" (mentres) e volve ao "vor" antes que o seu opoñente remate a acción.<ref name =glossary>[http://www.higginssword.org/guild/study/glossary/fechtkunst_glossary.pdf Abnemen]. Higginssword.org. Retrieved on 2013-02-09.</ref>
 
879

edicións