Escola alemá de esgrima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Cod. I.6.2º.1 13r.png|miniatura|Loita con espadas longas recollido no Cod. I.6.2º.1 mandado recopilar por
Paulus Hector Mair arredor de 1561, copiado dun manuscrito escrito por Hans Talhoffer entre 1446 e 1459]]
A '''escola alemá de esgrima''' (en [[lingua alemá|alemán]] ''Deutsche Fechtschule'') é o sistema histórico de [[combate]] ensinado no [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] durante a [[Baixa Idade Media]], o [[Renacemento alemán|Renacemento]] e ata o comezo da [[Idade Moderna]], nun período que abranque entre os século XIV ao XVII tal como se describe nos [[Fechtbuch|Fechtbücher]] ("manuais de combate") escritos durante ese tempo. Na época coñecíase como ''Kunst des Fechtens'' ("Arte da loita") e difería considerablemente da [[esgrima]] moderna. Desenvolvía principalmente técnicas para o uso da espada longa con dúas mans, aínda que tamén describía moitos outros tipos de combate, [[combate de a cabalo]], [[ringen|loita corpo a corpo]], loita con [[arma de hasta|armas de hasta]], con [[daga medieval|dagas]], con [[messer]] con ou sen [[broquel]], e con [[loita con varas|varas]].
 
Fundamental na conformación da escola foron as ensinanzas do mestre de armas do século XIV [[Johannes Liechtenauer]], o manuscrito coñecido como [[Nürnberger Handschrift GNM 3227a|Ms. 3227a]] e datado en [[1389]] é o máis antigo que recolle as súas ensinanzas pero ao longo do XV e XVI viron a luz moitos outros tratados inspirados nas súas técnicas, o libro de [[Joachim Meyer]] "Gründtliche Beschreibung der Kunst des Fechtens" dado ao prelo en [[1570]] consideráse o manual máis completo seguindo a tradición de Liechtenauer, aínda que tamén achega moitas novidades. Desde o século XVII á escola alemá substituíuna a [[escola italiana de esgrima|escola italiana]] de esgrima con [[estoque]]. A partir do século XIX co inicio dos movementos de reconstrución, iniciado por [[Alfred Hutton]], da [[esgrima histórica]] a espada longa alemá converteuse nun dos seus focos máis senlleiros.