Libro de Daniel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 53 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q80115
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 14:
 
==Autor e data de composición==
Tradicionalmente, e como se tiña por costume, atribuiselle o libro a quen aparece como autor: Daniel, ''xudeu desterrado en Babilonia nos tempos do rei Xaquín'', en verbas do propio libro. A análise crítica do libro, os cambios de estilo, de temática, incluso as incoherencias do propio texto á hora de fañar do protagonista e a diversidade de linguas e xéneros literarios, obrigan a superar a visión tradicional e falar con máis calma do que o propio libro nos di.
Unha análise crítica do libro pode axudar a achegarnos ao tema da autoría do libro:
*Os cambios de estilo e de temática: desde o texto cercano á crónica real ata os relatos que están perto da caricatura.
*As incoherencias do propio texto á hora de falar do protagonista: tanto o podemos atopar convertido en xefes de adiviños (unha sorte de conselleiro xefe) do rei, para uns párrafos máis adiante, ser un completo descoñecido na corte.
*A diversidade de linguas: é un único libro da Biblia que usa as tres linguaxes bíblicas, alomenos na versión que os católicos consideran canónica.
*Os distintos xéneros literarios: histórico, episódico e apocalíptico.
 
Todo apunta a que estamos diante dun libro que tivo un proceso de composición bastante complexo, é dicir, para chegar ao texto que coñecemos, houbo moitos textos e materiais dos que se partiu, distintos redactores, materiais de distintas castes, desde crónicas oficiais ata relatos populares, e uns redactores posteriores que puxeron un orde e, baixo o nome de Daniel, lle deron certa coherencia ao libro.
 
Para poder precisar cal foi o autor, ou autores, do libro temos primeiro que falar da persoaxe de Daniel e do proceso de composición, que nos vai permitir centrar autor e data.