Diferenzas entre revisións de «Salamanca»

m
sen resumo de edición
m
[[Ficheiro:Plaza-mayor-salamanco.jpg|miniatura|250px|Praza Maior de Salamanca.]]
 
Como o resto de núcleos históricos da Coroa que tiñan representación en Cortes, Salamanca uniuse ao movemento das Comunidades de Castela ([[1520]]) contra os novos impostos que reclamaba [[Carlos I de España|Carlos I]] nas [[Cortes de Castela|Cortes]] e en defensa das súas manufacturas téxtiles contra os privilexios dos exportadores de la. Tras a derrota dos Comuneiros, o rei Carlos I fixo desmoucar as torres dos palacios dos salmantinos que se adhiriranadheriran á revolta.
 
O [[século XVI]] foi a época de maior esplendor da cidade, tanto na demografía como na vida universitaria, grazas ao prestixio dos seus profesores, coa chamada [[Escola de Salamanca]] (calcúlase que Salamanca tiña uns 24.000 habitantes e polo [[1580]] matriculábanse cada ano 6.500 estudantes). Despois pasou a decadencia xeralizada das cidades da Coroa de Castela na meseta norte (12.000 habitantes en [[1651]]).
A sublevación do exército contra a [[Segunda República Española|Segunda República]] triunfa en Salamanca desde o primeiro momento. Durante a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], entre [[outubro]] de [[1936]] e [[novembro]] de [[1937]], o [[Palacio Episcopal de Salamanca|Palacio Episcopal]] foi residencia e centro de mando do xeneral [[Francisco Franco|Franco]]. A cidade foi tamén sede das organizaciones falanxistas e dalgúns ministerios.
 
Tras a guerra concentráronse en Salamanca os documentos incautados polo exército sublevado a medida que ían ocupando o territorio que era defendido pola República, co que se creou un gran arquivo documental sobre a guerra civil española (Arquivo Xeral da Guerra Civil Española). A parte deste arquivo pertencente a [[Cataluña]] foi trasladado a [[Barcelona]] na primavera de [[2006]], tras grandes disputas entre o concello salmantino e o goberno español, acompañadas de manifestacións populares. O concello de Salamanca, presidido por Julián Lanzarote ([[Partido Popular|PP]]), cambiou o nome da rúa na que se encontra o arquivo, de «Gibraltar» (nome que homenaxeaba as milicias salmantinas que foran con [[Afonso XI]] á conquista de Xibraltar) a rúa de «''El ExpolioEspolio''», como sinal de protesta tras o traslado dos «papeis de Salamanca» a Cataluña.
 
En [[1940]], [[Pío XII]] funda a [[Universidade Pontificia de Salamanca]] como continuación dos antigos estudos de teoloxía.
 
En [[1988]] Salamanca é declarada Cidade Patrimonio da HumanidadHumanidade pola [[Unesco]]. En [[1998]], por acordo dos Ministros de Cultura da [[Unión Europea]], Salamanca é designada xunto con [[Bruxas]], [[Capital Europea da Cultura]] para o ano [[2002]].
 
Actualmente a poboación da capital salmantina, estancada desde fai unhas tres décadas, ronda os 160.000 habitantes, aínda que no 2006 descendeu en máis de 11.000 persoas con respecto ao ano 1994. Isto débese fundamentalmente ao traslado de parte da súa poboación á área metropolitana, fenómeno común a moitas outras cidades españolas, aínda que tamén hai un elevado índice de emigración a lugares como [[Madrid]]. É significativo comprobar que a provincia de Salamanca ten un alto índice de poboación envellecida respecto a datos do Estado español en xeral.