Grímsvötn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 41 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q182913
mSen resumo de edición
Liña 2:
O '''Grímsvötn''' (do [[lingua islandesa|islandés]]: ''vötn'', en singular: ''vatn'', «lago») é un sistema [[Lago|lacustre]]-[[Volcán|volcánico]] de [[Islandia]], duns 100 km de longo e 15 km de ancho. Os espellos de auga que o compoñen están situados nas terras altas do país, sobre o extremo Noroeste do campo de xeo do [[Vatnajökull]], a unha altitude media de 1.725 metros. Estes lagos áchanse completamente cubertos polo manto de xeo glaciario, sendo evidenciados pola extensa planicie xeada que os cobre. Baixo este sistema atópase a gran cámara magmática do volcán homónimo (o maior de todo o sistema), cuxa caldeira ten uns 35 km².
 
En [[1783]] ocorreu a maior erupción efusiva rexistrada no último milenio. Causou un gran dano na flora da illa e a fame produciu a morte dunhas 10.000 persoas. Ademais, a erupción tivo repercusión no clima mundial. O [[18 de decembro]] de [[1998]] ocorreu unha erupción que se estendeu por once días, expondo unha fisura de 1.300 metros de longo con cinco cráteres activos. En novembro de [[2004]] detectouse actividade eruptiva que arroxou unha extensa columna eruptiva de cinza volcánica, causando unha breve interrupción do tráfico aéreo sobre [[Islandia]]. De novo, o [[21 de maio]] de [[2011]] o volcán volveu a erupcionar emitindo columnas eruptivas de ata 12.000 metros de altura, pechando durante ese día o tráfico aéreo da illa e o dalgunsdalgúns aeroportos do norte de [[Europa]] os días seguintes.<ref>[http://www.abc.es/20110524/internacional/abci-cancelaciones-vuelos-ceniza-islandia-201105240834.html Anulados 500 voos en Escocia, Irlanda do Norte e partes de Escandinavia]</ref>
 
== Notas ==