Mixotricha paradoxa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 19:
 
== Simbiose ==
''Mixotricha'' establece moitas relacións simbióticas. ComoIgual que os protozoos emparentados, como ''[[Trichonympha]]'', vive no intestino de térmites e colabora na [[dixestión]] da [[celulosa]], un compoñente principal da madeira que estas comen. Sen ''Mixotricha'', as súas térmites [[hóspede]]s non poderían sobrevivir, polo que hai unha simbiose entre o protozoo e a térmite.
 
Ademais, ''Mixotricha'' establece relacións [[Mutualismo (bioloxía)|mutualistas]] con bacterias que viven no seu interior ou na súa superficie. Ten un total de catro especies de simbiontes bacterianos.
 
''Mixotricha'' ten catro [[flaxelo]]s anteriores, pero non os usa para a locomoción, senón máis ben como un sistema de dirección ou temón. Para a locomoción, ten unhas 250.000 ''[[Treponema spirochetes]]'' con forma de pelo, (unha especie de bacteria helicoidal), que están unidas á superficie celular e que funcionan como unha especie de [[cilio]]s, que permiten que a ''Mixotricha'' se mova. ''Mixotricha'' ten tamén bacterias [[bacilo|bacilares]] dispostas dun modo moi ordenado sobre a superficie celular; que igual que os treponemas son [[ectosimbiose|ectosimbiontes]]. Ademais, ten bacterias [[coco (bacteria)|esféricas]] que viven dentro da célula; estes [[simbiose|endosimbiontes]] funcionan como as súas [[mitocondria]]s, xa que ''Mixotricha'' carece de mitocondrias. ''Mixotricha'' perdeu na súa historia evolutiva as súa mitocondrias e mantivo uns [[orgánulo]]s derivados delas e xenes mitocondriais que pasaron ao núcleo; estes orgánulos derivados denomínanse [[hidroxenosoma]]s, que producen hidróxeno, e pequenas estruturas chamadas [[mitosoma]]s. <ref>tutorgig.net</ref>
 
== Xenoma ==